Río Mekong
O Mekong é o río máis longo e importante da Indochina e un dos maiores, non só de Asia, senón da Terra.
(km) មេគុង (lo) ປະເທດລາວ (vi) Mê Kông | |||||
Tipo | rio internacional (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | República Popular da China | ||||
Localización | Altiplano do Tíbet | ||||
Final | |||||
Localización | Mar da China Meridional | ||||
| |||||
Afluentes | Tha River (en) , Nam Ou (en) , Tonlé Sap (en) , Nam Ngum (en) , Kok River (en) , Ing River (en) , Río Mun, Rio Ruak (pt) , Nam Theun (en) , Tonlé San (en) , Banghiang River (en) , Hueang River (en) , Ziqu River (en) , Ngom Qu (en) , Ngao River (en) , Kam river (en) | ||||
Conca hidrográfica | Mekong River basin (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 1 m | ||||
Dimensións | 4.350 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 810.000 km² | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Data | 23 de xuño de 1999 | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 15.000 m³/s | ||||
Nace no Tíbet e despois dun percorrido de preto de 4.500 km desauga no sur de Vietnam, no mar da China Meridional, tras atravesar antes varios países: China, Laos, Birmania, Tailandia e Camboxa. Nas proximidades de Phnom Penh o seu ancho é de 3 km. O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m3/s no período seco e os 60.000 m3/s na estación das chuvias. É navegábel desde Laos ao Vietnam e serve de fronteira entre Birmania e Laos, Tailandia e Laos, e nun curto treito do curso inferior Camboxa e o Vietnam.
É denominado polos vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang Chiang (湄公河), e en tai Mae Nam Khong (แม่น้ำโขง).
Percorrido
editarA nacemento do río, e polo tanto a súa lonxitude exacta, son mal coñecidos. A razón é a existencia de varios afluentes na cabeceira dentro dun contorno de acceso difícil por causa do accidentado do terreo, de modo que se teñen manexado hipóteses de que o seu curso oscila entre 4.350 km (a cifra máis aceptada) e 4.909 km.
Segundo informe da China Science Exploration Association, a fonte está en Lasagongma, a unha altura de 5.224 msnm. A Academia Chinesa das Ciencias recoñece a fonte do monte Guozongmucha e o río Zayaqu, na provincia Qinghai, no territorio tibetano, como nacemento do Mekong.
Case a metade do curso total do Mekong trancorre dentro da China, onde é chamado o "río turbulento" por mor das gargantas e precipicios que atravesa. Cando deixa China, as augas corren a 500 m de altura.
Xa logo, o río forma a fronteira entre Birmania (ou Myanmar) e Laos ao longo duns 200 km, durante os que se une o río Ruak, no territorio coñecido como o "Triángulo de Ouro", zona que marca a transición entre o curso alto e o baixo do río. Pasa a continuación a facer de fronteira entre Laos e Tailandia durante varios centos de quilómetros, até que entra en Laos, onde volta a ser un río encaixado entre gargantas, nas que forma rápidos e cachoeiras, e onde a súa profundidade apenas alcanza un medio metro durante a estación seca. Ao sur de Luang Prabang o leito ensancha, até inundar a rexión cunha profundidade de 100 metros e por 4 km, sendo o curso moi variábel. Os célebres siluros eran pescados nesta zona anualmente, consonte ritos marcados pola familia real. Durante o seguinte treito o Mekong é un río exclusivamente laosiano, conformando a rexión de Si Phan Don ("catro mil illas"), antes de chegar ás fervenzas de Khone, impracticábeis para a navegación, preto da fronteira con Camboxa. Por aquí pode verse o golfiño de auga doce, especie en perigo de extinción.
En Camboxa o río pasa polos cachóns de Sambor, por enriba de Kracheh, últimos desniveis que impiden a navegación. Xusto antes de Phnom Penh, a capital camboxana, está a confluencia co afluente máis importante neste país, o Tonle Sap. Logo de Phnom Penh, o curso divídese en dous ramais, o Bassac e o propio Mekong. Ambos dous brazos reúnense xa no delta.
Xa no Vietnam, o río divídese en dous brazos principais, denominados Tiền Giang ("río de adiante") e Hậu Giang (río de atrás), que desaugan no Mar da China Meridional por nove estuarios, o que explica o nome que lle dan os vietnamitas ao río Sông Cửu Long ou "río de nove dragóns".
Afluentes
editarEntre os numerosos afluentes do Mekong cómpre salientar os seguintes:
Xeografía humana
editarArredor de 90 millóns de persoas dependen do río, vivindo na súa conca. A maioría moran na rexión chamada o Gran Mekong, que inclúe a provincia de Yunnan na China, Birmania, Laos, Tailandia, Camboxa e o Vietnam. No delta, entre Camboxa e o Vietnam, viven sobre 18.000.000 de habitantes.
O principal medio de vida da zona é o cultivo do arroz. Plántanse un elevado número de variedades de arroz: das 100.000 variedades catalogadas, unhas 40.000 proveñen deste territorio.
O río, en xeral, é usado para irrigación, como receptáculo dos sistemas de drenaxe e de augas residuais, para actividades pesqueiras e de piscicultura, como vía de transporte e como fonte de subministración de auga para industrias e particulares.
Problemas ambientais
editarO problemas principal está constituído pola construción de encoros; un segundo problema é destrución de cachoeiras.
Varios encoros foron xa erguidos en afluentes, salientando o de Pak Mun en Tailandia. China ten un gran proxecto de construción de encoros sobre o río, un deles xa construído en Manwan e un segundo en obras en Dachaoshan, e outros doce están en estudo. Trátase dunha estratexia criticada por causa dos danos provocados aos ecosistemas e ao campesiñado.
Desde a construción do primeiro encoro chinés, numerosas especies entraron en perigo de extinción, especialmente o golfiño do Mekong. O nivel da auga ten baixado, os peixes capturados son de menor tamaño e en cantidades inferiores, o porto de Chiang Rai funciona a un cuarto da súa actividade anterior, e a navegación entre esa localidade e Luang Prabang dura dúas xornadas por mor do nivel insuficiente das augas.
Os novos encoros a construír terán un impacto aínda máis negativo unha vez que entren en funcionamento. Todos os países da cunca sufrirán unha contaminación acrecentada (tanto polo desenvolvemento económico como pola falta de aplicación das leis ambientais na China). Pesticidas en uso e residuos de industrias pesadas contaminarán as reservas de comestíbeis e avivarán a medra de algas cos organofosfatos agrícolas. Tamén bloquearán as migracións de certas especies de peixes.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Mekong |
Ligazóns externas
editar- Comisión do Río Mekong (en inglés)
- Perfil do Mekong (en inglés)