Riel camboxano

moeda de Camboxa

Riel camboxano
KhmerRiel.svg en khmer
Cambodian 500 riel reverse.jpgCambodian Reil.jpg
Moeda de 500 rieis
Billetes en rieis
Código:KHR
Ámbito:Flag of Cambodia.svg Camboxa
Símbolo:
Fracción:100 sen = 1 riel (sen uso).
Moedas:50, 100, 200 e 500 rieis.
Billetes:50, 100, 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 15.000, 20.000, 50.000 e 100.000 rieis.
Emisor:Banco Nacional de Camboxa.
Taxa de troco:
27-2-2021
1 EUR = 4.918,18 KHR.
1 USD = 4.084,26 KHR.[1]
Troco actual

O riel camboxano (khmer: រៀល) ou simplemente riel é a unidade monetaria de Camboxa, dividida en 100 sen (សេន).[2][3][4][5] O seu código ISO 4217 é KHR e o seu símbolo monetario .[6][7]

O riel estableceuse en 1953 e, logo do período 1975-1980, en que Camboxa careceu de moeda, en 1980 retomouse como unidade monetaria do país.[5][8]

O seu nome deriva do "real" español da ceca de México, que pola fineza da súa aliaxe circulou amplamente entre os comerciantes malaios, indios e chineses durante o século XIX.[8]

Primeiro riel (1953-1975)Editar

 
50 sen (1/2 riel) de 1959 [9]

Na época da colonización francesa, Camboxa utilizaba a piastra da Indochina Francesa, que foi substituída polo riel en termos paritarios (1 riel = 1 piastra).

En 1953, a delegación camboxana do Institut d'Émission des États du Cambodge, du Laos et du Vietnam emitiu unha serie de moedas con dobre denominación en piastras e rieis, cun valor á par, e as outras dúas delegacións fixeron o propio co dong de Vietnam do Sur e co kip de Laos.[5]

Inicialmente, estes rieis dividíanse en 100 céntimos (centimes) mais en 1959 cambiou a moeda fraccionaria e pasou a dividirse en 100 sen.[10]

A primeira emisión de billetes foi a de 1955-1956, composta polos valores de 1, 5, 10 e 50 rieis. A partir de aí sucedéronse varias series de billetes ata 1973, con valores que chegaron ata os 5.000 rieis.[11][12]

Canto ás moedas, en 1953 emitiuse unha primeira serie de 10, 20 e 50 céntimos (cents.) en aluminio, co mesmo tamaño que as correspondentes en att e en xu, as moedas divisionarias de Laos e de Vietnam do Sur. En 1959 volveuse cuñar a moeda de medio riel, xa co valor de 50 sen, en lugar de 50 cents.[10] Finalmente, en 1970 emitiuse a moeda dun riel, cuñada en cuproníquel, como parte do programa de emisión de moedas da FAO, aínda que esta moeda non chegou a entrar en circulación, por mor do derrocamento do Goberno de Norodom Sihanouk por Lon Nol.[13]

Na época dos Khmer Vermellos, durante o Goberno de Pol Pot entre 1975 e 1979, a circulación monetaria e o sistema de bancos foron abolidos. No entanto, en 1975 chegou a producirse a impresión dunha serie de billetes (de 0,1 rieis a 100 rieis), aínda que non chegaron a pórse en circulación por mor de tal abolición.[8][14]

En 1979, o réxime que, apoiado polos vietnamitas, derrocou a Pol Pot emitiu unha derradeira serie deste primeiro riel, con valores de entre 5 e 500 rieis.[15]

Segundo riel (desde 1980)Editar

Logo da invasión vietnamita de 1978, a República Popular de Kampuchea (1979-1992) viuse na necesidade de restaurar a moeda. Nos primeiros meses de existencia do novo réxime utilizáronse o dong survietnamita e o baht tailandés, ata que o 1 de abril de 1980 se restableceu o riel como a unidade monetaria oficial de Camboxa, dividido en 10 kak ou 100 sen e, inicialmente, coa paridade de 4 rieis = 1 dólar.[8][12] Como non había unha moeda para substituír e tendo en conta que o sistema económico quedara seriamente danado polo réxime dos Khmer Vermellos, o Goberno central decidiu repartir a nova moeda entre a poboación para estimular o seu uso.[5]

MoedasEditar

A primeira moeda cuñada foi a de 5 sen de aluminio, en 1979.[16] Ata 1994 non se produciron novas cuñaxes e nese ano emitiuse unha serie de 50, 100, 200 e 500 rieis que, malia seguiren en circulación, teñen unha presenza escasa na circulación.[17][18][19]

Imaxe Facial Ano Diámetro Peso Espesor Aliaxe Canto Anverso Reverso
Anverso Reverso
    50 rieis

[20]

1994 15,9 mm 1,6 g 1,0 mm Ace. Liso Valor.

Data budista e gregoriana.

Monumento á independencia, Phnom Penh
    100 rieis

[21]

17,9 mm 2,0 g 1,1 mm Angkor Wat
    200 rieis

[22]

19,9 mm 2,4 g 1,1 mm Cuncas cerimoniais.

Símbolo om

    500 rieis

[23]

25,8 mm 6,5 g 2,0 mm Ace./Ae Estriado descontinuo Escudo real de Camboxa

BilletesEditar

Estes son os billetes en circulación en Camboxa, do sistema do riel:[24]

Imaxe Facial Data Dimensións (mm) Motivos principais
Anverso Reverso Anverso Reverso
    50 rieis

[25]

2002 130 x 60 Templo Preah Vihear Encoro
    100 rieis

[26]

2001 130 x 60 Monumento á independencia, Phnom Penh Escola
    2014 138 x 64 Norodom Sihanouk Pagode de prata, Phnom Penh
    500 rieis

[27]

2002

2004

2014

138 x 64 Angkor Wat Ponte Kizuna
    2014 Norodom Sihamoni Pontes
    1.000 rieis

[28]

2005

2007

2014

138 x 64 Porta do Sur, Bayon Porto de Sihanoukville
    2012 148 x 68 Norodom Sihanouk Barca co corpo de Sihanouk
    2016 146 x 68 Norodom Sihanouk Kinnari (medio humano, medio ave)
    2.000 rieis

[29]

2007

2015

146 x 68 Templo Prasat Preah Cultivo do arroz
    2013 155 x 72 Norodom Sihanouk Norodom Sihanouk con dous soldados
    5.000 rieis

[30]

2001

2002

2004

2007

146 x 68 Norodom Sihanouk Ponte Spean Praptos
    2015 146 x 68 Norodom Sihanouk Ponte Spean Praptos
    10.000 rieis

[31]

2001

2005

2006

146 x 68 Norodom Sihanouk Peirao de Sisowath
  2015 146 x 68 Norodom Sihamoni Templo budista de Neak Pean
    15.000 rieis

[32][33]

2019 Norodom Sihamoni Coroación de Norodom Sihamoni
    20.000 rieis

[34]

2008 155 x 72 Norodom Sihamoni Angkor Wat e Avalokiteshvara
    2017 155 x 72 Norodom Sihamoni Templo de Banteay Srei
    50.000 rieis

[35]

2001 150 x 70 Norodom Sihanouk Angkor Wat
    2013 155 x 72 Norodom Sihanouk Ruínas de templo. Cría de elefante
    100.000

rieis

[36]

2012 170 x 77 Norodom Sihanouk e Norodom Monineath Familia real

Uso doutras divisasEditar

Nas zonas rurais, o riel utilízase para practicamente todas as compras cotiás; no entanto, o dólar estadounidense tamén se utiliza, sinaladamente nas áreas máis urbanas e nas zonas turísticas. En Battambang e noutras zonas próximas á fronteira tailandesa, como Pailin, tamén se acepta o baht tailandés.[5]

A dolarización comezou na década de 1980 e continou nos comezos da década seguinte, cando as Nacións Unidas contribuíron con axuda humanitaria, os refuxiados comezaron a enviar remesas e a inflación alcanzou o 177 %, coa conseguinte erosión da confianza no riel.[17][37]

NotasEditar

  1. Cambio entre riel, euro e dólar. Nataf.net
  2. "Riel". En Digalego. Dicionario de galego (Digalego.gal)
  3. "Riel". En Dicionário Estraviz (Estraviz.org)
  4. "Riel". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "A Brief History of Cambodian Currency". Khmerisation.wordpress.com
  6. "World Currency Symbols". Xe.com
  7. "Códigos de divisas por países". Iban.com
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Filippi, J-M. (2012). "The strange adventure of the Cambodian currency". En Phenom Penh Post. 16 de marzo.
  9. "50 Sen - Norodom Suramarit". Numista.com
  10. 10,0 10,1 "Cambodia: First riel (1953-1975)". Numista.com
  11. "Cambodia: Banque Nationale du Cambodge". Banknote.ws
  12. 12,0 12,1 "Previously Used Banknotes". National Bank of Cambodia.
  13. "1 Riel (FAO - Khmer Republic)". Numista.com< /ref> [[Ficheiro:Cambodge_500_riels.jpg|miniatura|215x215px|500 rieis emitidos entre 1958 e 1979. <ref>"1 Riel". Banknote.ws
  14. "Cambodia: Bank of Kampuchea. 1979 issue". Banknote.ws
  15. "Cambodia: State Bank of Democratic Kampuchea. 1979 issue". Banknote.ws
  16. "Previously use Coins: 5 Cents". National Bank of Cambodia.
  17. 17,0 17,1 "Cambodia's riel survives alongside the dollar". BBC News. 20 de marzo de 2011.
  18. "Cambodia • Second riel (1979-date)". Numista.com
  19. "Coins in Circulation". National Bank of Cambodia.
  20. "50 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  21. "100 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  22. "200 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  23. "500 Riels - Norodom Sihanouk". Numista.com
  24. "Banknotes in Circulation". National Bank of Cambodia.
  25. "50 Riels 2002". Banknote.ws
  26. "100 Riels 2001" e "100 Riels 2014". Banknote.ws
  27. "500 Riels 2002-2014" e "500 Riels 2014". Banknote.ws
  28. "1000 Riels 2005-2014", "1000 Riels 2012" e "1000 Riels 2016". Banknote.ws
  29. "2000 Riels 2007 & 2015" e "2000 Riels 2013". Banknote.ws
  30. "5000 Riels 2001-2007" e "5000 Riels 2015". Banknote.ws
  31. "10.000 Riels 2001-2006" e "10.000 Riels 2015". Banknote.ws
  32. "15.000 Riels 2019". Banknote.ws
  33. "New note to mark King’s coronation". En The Phnom Penh Post. 7 de outubro de 2019.
  34. "20.000 Riels 2008" e "20.000 Riels 2017". Banknote.ws
  35. "50.000 Riels 2001" e "50.000 Riels 2013". Banknote.ws
  36. "100.000 Riels 2012". Banknote.ws
  37. de Zamaroczy, Mario (2003). "Economic Policy in a Highly Dollarized Economy". IMF (219): 3. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar