Kenpo

(Redirección desde «Kempo»)

Kenpo ou Kempo (拳法) é un nome descritivo de varios artes marciais xaponeses con orixes chinesas. É tamén un nome descritivo de artes marciais híbridos creados en base a artes marciais xaponeses e chineses.

A palabra kenpo é a tradución en idioma xaponés da palabra en idioma chinés Chuan Fa. Ambas significan “método de loita a man baleira”. A historia precisa que a finais do século XIV (1390), emigrantes chineses chegan ó Xapón e introducen o Chuan Fa en Okinawa. Xa en Okinawa existía un método de loita denominado Naha-Té, “igualmente man baleira”. A fusión destes elementos deu lugar ó kenpo. O kenpo creouse no interior da familia xaponesa Mitose. A familia creou un método de defensa persoal e ensinaron este sistema unicamente ós membros do clan. O nome que recibiría é o de Coso (estilo do Bello Piñeiro). O nome transcendería como Coso Shorei Ryu Kenpo.

O descendente número 21 do Clan, James Masayoshi Mitose, naceu en Hawai e volveu ó Xapón para aprender a arte familiar. En Hawai fundou a escola onde ensinou Kenpo a persoas non xaponesas. Entre os seus alumnos destacan entre outros Jiro Nakamura, Thomas Young, William Chow, Paul Yamaguchi, Arthur Keawe e Edward Lowe. O Mestre William Chow tivo por alumnos, entre outros, a dous homes moi importantes na historia do kenpo Adriano Emperado e Ed Parker. En Hawaii o kenpo tivo unha transformación cara á busca da efectividade en técnicas de defensa persoal, e así o que se traballa hoxe en día é a defensa contra ataques típicos. Actualmente o máximo expoñente do sistema Kosho Shorei Ryu Kenpo é o Mestre Thomas Barro Mitose.

Tipos de kenpo

editar

Shiorinshi kenpo, Nippon kenpo, Kenpo Kai, Kenpo karate, Kajukenbo, Kenpo contact, Goshin ryu kenpo, Kenpo 5.0, Agni kenpo, Bulgarian kenpo, Kenpo shorinji, Fu Shih Kenpo.

Adestramento do kenpo

editar

O kenpo, aínda que se desenvolveu no Xapón, ten un parecido maior coas artes marciais chinesas ou filipinas. A diferenza da maioría das artes marciais xaponesas que se basean nun só golpe para eliminar o adversario, o kenpo ten múltiples golpes precisos en puntos vitais que debilitan ó adversario ata o punto que se desexe. O karate normal xeralmente utiliza ataques e bloqueos lineais, mentres que o kenpo engade ataques circulares chineses, como o gancho ou o uppercut. O kenpo ten á súa vez un maior número de movementos de agarre, manipulación, varridos etc.

Indumentaria

editar

No Kenpo a indumentaria é: Un Hakama, ou un Kimono completo de cor negra. Os kimonos levan o escudo da escola no peito ó lado esquerdo, que é o símbolo do seu sistema Kenpo. Os grados mídense polo cinto; branco, amarelo, laranxa, púrpura, azul, verde, marrón (I, II, III) e negro, con dez dans.

O Kenpo en España

editar

O Kenpo en España No 1976 o Mestre Raúl Gutiérrez (9ºDAN) trouxo a España a arte do Kenpo ata entón totalmente descoñecido. Sentou as súas bases en Madrid e douno a coñecer por case toda Europa e algúns países iberoamericanos. O seu estilo chámase Fu-Shih Kenpo. Así, o Mestre Raúl Gutiérrez converteuse no pioneiro en Europa do Kenpo. Anos máis tarde tivo o honor de ser presentado á familia Mitose, os cales o recoñeceron oficialmente como Mestre de Kenpo. O seu símbolo é un Tigre fero e agresivo, con afán dominante ben polo seu carácter, ben porque o seu porte maxestoso lévao inherente. Pois o Tigre foi ata o día de hoxe a figura da forza e do poder, un liderado e determinación.

O Xuramento

editar

Veño cara a ti coas miñas mans baleiras. Non teño armas, pero, se estou obrigado a defenderme, a defender os meus principios ou o meu honor, sexa cuestión de vida ou morte, de dereito ou de inxustiza, entón aquí están as miñas armas: as miñas mans baleiras.

Os estilos máis coñecidos de kenpo

editar