Bangkok

capital de Tailandia

Bangkok é a capital de Tailandia, a cidade localízase na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Ten máis de dez millóns de habitantes.

Modelo:Xeografía políticaBangkok
กรุงเทพมหานคร (th) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°45′N 100°31′L / 13.75, 100.52
Monarquía constitucionalTailandia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación5.676.648 (2018) Editar o valor en Wikidata (3.618,61 hab./km²)
Lingua usadaBlang (en) Traducir
Phuan (en) Traducir
Língua de sinais tailandesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.568,737 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Chao Phraya Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorBuddha Yodfa Chulaloke (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación21 de abril de 1782 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoChadchart Sittipunt (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoBangkok Metropolitan Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal10### Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico02 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2TH-10 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Washington, D.C. (1962–)
Pequín (1993–)
Budapest (1997–) Editar o valor en Wikidata../... 29+

Sitio webbangkok.go.th Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453413

Toponimia

editar

O nome oficial é Krung Thep (กรุงเทพฯ) da palabra thai Krung, que significa "capital", e thep do pali, que significa "divindade". Tradúcese normalmente como "cidade dos anxos".[1]

A forma máis longa e en desuso do nome da cidade é:กรุงเทพมหานคร อมรรัตนโกสินทร์ มหินทรายุธยามหาดิลก ภพนพรัตน์ ราชธานีบุรีรมย์ อุดมราชนิเวศน์ มหาสถาน อมรพิมาน อวตารสถิต สักกะทัตติยะ วิษณุกรรมประสิทธิ์ ou Krung Thep Mahanakhon Amon Rattanakosin Mahinthara Ayuthaya Mahadilok Phop Noppharat Ratchathani Burirom Udomratchaniwet Mahasathan Amon Piman Awatan Sathit Sakkathattiya Witsanukam Prasit o que significa A cidade dos anxos, a gran cidade, a cidade da alfaia completa, a cidade impenetrable do deus Indra, a gran capital do mundo dotada con nove xemas preciosas, a cidade feliz, que abunda nun enorme pazo real que se asemella á casa divina onde reina o deus reencarnado, unha cidade dada por Indra e construída por Vishnukarn.

Bangkok (en thai: บางกอก) é un nome coloquial de significado impreciso adoptado polos estranxeiros a partir dunha pequena aldea local e que se usa no contexto internacional. Bang é a palabra thai para denominar a unha aldea situada na beira dun regueiro,[2] e ko é a palabra para illa; polo cal o nome orixinal, Bang Ko (en thai: บางเกาะ), significa "a aldea da illa".[3] Outra etimoloxía sostén que é unha contracción de Bang Makok (en thai: บางมะกอก), makok é o nome dun arbusto local, o Elaeocarpus hygrophilus, do xénero Elaeocarpus, o cal dá un froito de tamaño e forma similar aos da oliva. O nome significaría, nese caso, "aldea do makok".[4] De feito, acostúmase chamar Wat Makok ao templo próximo de Wat Arun.[5]

Historia

editar

Bangkok comezou entre os séculos XIV e XVI no que hoxe é o barrio de Thon Buri como un pequeno centro comercial e comunidade portuaria, chamada Bang Makok (lugar de ameixeiras oliváceas), servindo á cidade de Ayutthaya, que era a capital de Siam ata que caese en mans de Birmania en 1767. O xeneral Taksin, volto rei, repregou río abaixo sobre esta paraxe e decidiu fundar nel a nova capital en Thon Buri sobre o lado oeste do río Chao Phraya. Volto demente, asasinouno e substituíno o xeneral Chakri que, baixo o nome de Rama I º, volveuse o primeiro rei da nova dinastía Chakri, que reina aínda hoxe. En 1782, decidiu, por razóns de defensa, transferir a capital sobre a beira esquerda e construíu un pazo fortificado, hoxe o Gran Pazo, e darlle o nome de Krung Thep. É esta data a que está definida como fundación da cidade.

O nome de Bangkok non foi utilizado xa polos tailandeses dende a fundación desta capital. Certos habitantes das provincias máis botadas cara a atrás do país nin sequera nunca oíron falar deste nome. Por razóns descoñecidas, esta mudanza nunca a chegaron a percibir os estranxeiros, que persisten, máis de 200 anos máis tarde, en considerar inxustamente que o nome oficial é Bangkok[6].

Esplendor

editar

Durante o reinado de Chairachathiraj (1534-46), escavouse un canal no gran meandro do río onde Bangkok se atopaba para acurtar o traxecto ata a capital, o que fixo estratéxica a súa posición. E así, co esplendor de Ayutthaya no século XVII, Bangkok deveu nun porto de entrada obrigado co florecemento subseguinte de negocios e servizos. Ademais era o centro dunha feraz zona agrícola (arroceira e frutícola). No 1687, nunha época de loita por grandes intereses coloniais, o rei Narai fai a concesión do porto aos franceses para conter aos holandeses. Constrúese o forte Wichayen (hoxe Wichaiprasit) e outro máis na beira oposta para defender a cidade.

En 1767 Ayutthaya cae en poder dos birmanos e os fuxidos establecen, co autoproclamado rei Taksin, un reino con capital en Bang Makok que se coñece coma Thon Buri (o complexo palaciano ao carón do Wat Arum)[7]. En 1771 arrodéase dunha muralla.

En 1782 o seu sucesor decide, por ser máis defendible, trasladar a capital á beira oposta do río, a oriental, co que ten lugar a fundación oficial de Bangkok, cun nome cerimonial do que o seu comezo di Krung Thep (cidade dos anxos). Trátase do rei Rama I, quen vai iniciar un vasto programa construtivo que sentará as bases da metrópole actual.

Así, constrúe un Gran Pazo co templo do Buda Esmeralda [8],[9] a beira do Chao Phraya entre dous templos xa existentes dende o século XVII, o Wat Pho no sur e o Wat Mahathat no norte, que amplía e renova. Ao leste protexe o complexo un primeiro canal (Lod ou Lord) escavado en tempos do rei Taksin. Un segundo canal é construído en 1785 máis ao leste, o Rob Krung, fortificado cunha muralla que continuaba tamén polo lado do río e que tiña 14 fortes [10][11]. Esta será a illa con forma de améndoa que se coñecerá coma Rattanakosin e que nomeará toda unha era [12], na que Thailandia será o único país do sueste asiático que se mantivo independente dos poderes coloniais .

Modernización

editar

O século XIX será o do desenvolvemento e modernización da urbe: pavimentación, novas avenidas (Rajdamnem), transporte público (tranvía, ferrocarril) etc. En 1851 comeza a escavarse un terceiro canal ao leste (Padung Krung Kasen)[13]. Os canais (klong) foron dende sempre (coma substitutivos das rúas para o transporte de bens e persoas), e son (de cara ao turismo) unha característica esencial da paisaxe urbana de Bangkok (A Venecia do leste) [14].

No século XX, a construción de pontes sobre o Chao Phraya (en 1932 a primeira, a ponte Memorial) vai permitir a extensión da cidade no interior námbalas dúas beiras, ata conformarse a metrópole de dez millóns de habitantes que é hoxe en día [15].

Administración

editar
 
Mapa de Bangkok cos seus 50 distritos.

Administrativamente, Bangkok é unha das dúas áreas de administración especial de Tailandia, (a outra é Pattaya), ondes os cidadáns votan para elixir o seu gobernador, a diferenza de nas outras 75 provincias (changwat) de Tailandia.

A dispersión urbana da Grande Metrópole de Bangkok espállase máis aló das fronteiras da provincia de Bangkok, ocupando as provincias veciñas de Nonthaburi, Samut Prakan e Pathum Thani. A provincia, como é actualmente, foi creada en 1972, cando a anterior provincia de Bangkok (changwat Phra Nakhon) foi fusionada coa provincia Thon Buri.

Bangkok está subdividido en 50 distritos (khet, tamén chamados amphoe como nas outras provincias), que son subdivididos en 169 khwaeng (แขวง).

Xeografía

editar

A cidade de Bangkok cobre unha superficie de 1568,7 quilómetros cadrados, situándose no posto 69 entre as outras 76 provincias de Tailandia. Destes, uns 700 quilómetros cadrados forman a área urbana construída.[16] Ocupa o posto 73 do mundo en termos de superficie.[17] A expansión urbana da cidade chega a partes das outras seis provincias que limita, en sentido horario desde o noroeste: Nonthaburi, Pathum Thani, Chachoengsao, Samut Prakan, Samut Sakhon e Nakhon Pathom. Con excepción de Chachoengsao, estas provincias, xunto con Bangkok, forman a rexión metropolitana de Bangkok.[18]

Topografía

editar
 
Principais canais de Bangkok

Bangkok está no delta do río Chao Phraya, na chaira central de Tailandia. O río serpentea pola cidade en dirección sur, desembocando no golfo de Tailandia aproximadamente a 25 quilómetros ao sur do centro da cidade. A área é plana e baixa, cunha altitude media de 1,5 metros sobre o nivel do mar.[19] A maior parte da área era orixinalmente un pantano, que foi drenado e regado gradualmente para a agricultura mediante a construción de canles (khlong) que tivo lugar dos séculos XVI ao XIX. O curso do río ao seu paso por Bangkok modificouse coa construción de varios canais de acceso directo.

A rede de vías navegables da cidade serviu como principal medio de transporte ata finais do século XIX, cando comezaron a construírse modernas estradas. Ata entón, a maioría da xente vivía na auga ou preto dela, levando a que a cidade fose coñecida durante o século XIX como a "Venecia de Oriente".[20] Moitos destes canais enchéronse ou pavimentáronse desde esa época, mais outros continúan a atravesar a cidade, servindo como principais canles de drenaxe e rutas de transporte. A maioría dos canais están moi contaminados, aínda que o BMA se comprometeu co tratamento e limpeza de varios canais.[21]

A xeoloxía da área de Bangkok caracterízase por unha capa superior de arxila mariña branda, coñecida como "arxila de Bangkok", cun grosor medio de 15 metros, que recobre un sistema de acuíferos composto por oito unidades coñecidas. Esta característica contribuíu ao afundimento causado polo bombeo extenso de augas subterráneas. Recoñecido por primeira vez na década de 1970, o afundimento axiña se converteu nun problema crítico, alcanzando unha taxa de 120 milímetros ao ano en 1981. A xestión da auga subterránea e as medidas de mitigación diminuíron a gravidade da situación, aínda que o afundimento aínda se produce nunha taxa de 10 a 30 milímetros ao ano, e partes da cidade están a 1 metro por baixo do nivel do mar.[22] Hai temores de que a cidade poida estar mergullada para o 2030.[23][24][25] Un estudo publicado en outubro de 2019 en Nature Communications corrixiu modelos anteriores de elevacións costeiras[26] e concluíu que ata 12 millóns de tailandeses, principalmente na área metropolitana de Bangkok, se enfrontaban á perspectiva de inundacións anuais.[27][28]

O afundimento provocou un maior risco de inundación, xa que Bangkok xa era propensa ás inundacións debido á súa baixa elevación e a unha infraestrutura de drenaxe inaxeitada,[29][30] a miúdo agravada polo bloqueo que provoca a contaminación de lixo (especialmente os residuos plásticos).[31] A cidade depende agora de barreiras contra as inundacións e aumenta a drenaxe dos canais bombeando e construíndo túneles de drenaxe, pero partes de Bangkok e os seus suburbios aínda se anegan regularmente. Os fortes chuvascos que provocan escorrentías urbanas atoran os sistemas de drenaxe e as descargas augas arriba son os principais factores que desencadean as inundacións,[32] algunhas delas graves como as que se produciron en 1995 e 2011. En 2011, a maioría dos distritos norte, leste e oeste de Bangkok estiveron anegados nalgúns lugares durante máis de dous meses. A erosión costeira tamén é un problema na zona do golfo. O quecemento global supón riscos graves e un estudo da OCDE estimou que 5,208 millóns de persoas en Bangkok poderían estar expostas ás inundacións costeiras no 2070, a sétima cifra máis alta das cidades portuarias do mundo.[33]

Non hai montañas en Bangkok. A cordilleira máis próxima é o macizo de Khao Khiao, a uns 40 km ao sueste da cidade. Phu Khao Thong, o único outeiro da área metropolitana, orixinouse a partir dun gran chedi que o rei Rama III (1787–1851) construíu en Wat Saket. O chedi derrubouse durante a construción porque o chan brando non podía soportar o seu peso. Durante as seguintes décadas, a estrutura abandonada de barro e ladrillo adquiriu a forma dun outeiro natural e quedou cuberta de maleza. Os poboadores chamárono phu khao (ภูเขา), coma se fose natural.[34] Na década de 1940 engadíronse muros de formigón pechadores para evitar que o outeiro se erosionase.[35]

Segundo a Clasificación climática de Köppen Bangkok conta cun clima tropical de sabana (Aw) e está baixo a influencia do sistema monzónico de Asia meridional. Ten tres estacións: cálida, chuviosa e fresca, aínda que as temperaturas son bastante calorosas durante todo o ano, desde unha mínima media de 22,0 °C en decembro ata unha máxima media de 35,4 °C en abril. A estación das chuvias comeza coa chegada do monzón do suroeste contra mediados de maio. Setembro é o mes máis chuvioso, cunha precipitación media de 334,3 milímetros. A estación das chuvias dura ata outubro, cando o monzón seco e frío do nordés toma o relevo ata febreiro. A estación calorosa é xeralmente seca, pero tamén hai tormentas de verán ocasionais.[36]

Sendo a temperatura máis alta rexistrada na cidade 40,1 °C, en maio de 2013,[37] e a máis baixa 9,9 °C, en xaneiro de 1955.[38]

Galería de imaxes

editar
  1. Noelia Ferreiro (6 de marzo de 2019). "Bangkok: la ciudad que roza el cielo". Viajar (en castelán) (El Periódico). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  2. "Phcnānukrm c̄hbạb rāchbạṇṯhitys̄t̄hān ph.Ṣ̄. 2542" พจนานุกรม ฉบับราชบัณฑิตยสถาน พ.ศ. ๒๕๔๒ [Dicionario do Instituto Real de Tailandia] (en tailandés). 1999 (edición online). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  3. Chandrashtitya, Tipawan; Matungka, Chiraporn. ประวัติเมืองธนบุรี [Historia da cidade de Thonburi]. Oficina de Arte e Cultura (en thai). Universidade Dhonburi Rajabhat. Visitado o 13 de decembro de 2020
  4. En thai, makok é o nome de dúas plantas, o mencionado: E. hygrophilus (chamado makok nam ou sexa "makok de auga") e o Spondias pinnata ("makok pa, makok da xungla). A especie común na zona é o makok nam.
  5. Sujit Wongthes, Sujit (2012). Bangkok: A Historical Background (en thai). Bangkok: Dream Catcher. p. 37. ISBN 9786167686004.
  6. Krung Thep, the full name (en inglés)
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  8. http://thailandforvisitors.com/central/bangkok/ratanakosin/prakeo/grand_palace.jpg
  9. http://dreams.world.coocan.jp/photo/bangkok/palace/palace_map_e.jpg
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  14. http://www.sgtowns.com/journal/dailypics/bkk_klong_map.gif
  15. http://urbangiraffe.com/images/taming-thailand/bangkok-full-map.png
  16. Thavisin et al. (eds) 2006, p. 24. Reproducido en "Geography of Bangkok". BMA website. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2011. Consultado o 8 de setembro de 2007. 
  17. "The largest cities in the world by land area, population and density". City Mayors. 6 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2008. 
  18. Tangchonlatip, Kanchana (2007). "กรุงเทพมหานคร: เมืองโตเดี่ยวตลอดกาลของประเทศไทย" [Bangkok: Thailand's forever primate city]. En Thongthai, Varachai; Punpuing, Sureeporn. ประชากรและสังคม 2550 [Population and society 2007]. Nakhon Pathom, Thailand: Institute for Population and Social Research. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2012. 
  19. Sinsakul, Sin (agosto de 2000). "Late Quaternary geology of the Lower Central Plain, Thailand". Journal of Asian Earth Sciences 18 (4): 415–426. Bibcode:2000JAESc..18..415S. doi:10.1016/S1367-9120(99)00075-9. 
  20. Smyth, H. Warrington (1898). Five years in Siam: from 1891 to 1896 II. Nova York: Charles Scribner's Sons. p. 9. 
  21. Thavisin et al. (eds) 2006, p. 35.
  22. Phien-wej, N.; Giao, P.H.; Nutalaya, P (2 de febreiro de 2006). "Land subsidence in Bangkok, Thailand". Engineering Geology 82 (4): 187–201. doi:10.1016/j.enggeo.2005.10.004. 
  23. "Rising seas, sinking land threaten Thai capital". CNN International. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 24 de outubro de 2007. 
  24. Philip, Bruno (21 de xullo de 2011). "Thailand, Sinking: Parts of Bangkok Could Be Underwater in 2030". Time. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2021. 
  25. Sattaburuth, Aekarach (2015-07-23). "Bangkok 'could be submerged in 15 years'". Bangkok Post. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  26. "3. Estimating Flood Impacts and Vulnerabilities in Coastal Cities" (PDF). Climate Risks and Adaptation in Asian Coastal Megacities. Washington DC: The World Bank. setembro de 2010. pp. 23–31. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  27. Kulp, Scott A; Strauss, Benjamin H (29 de outubro de 2019). "New elevation data triple estimates of global vulnerability to sea-level rise and coastal flooding". Nature Communications 10 (1): 5752. PMC 6908705. PMID 31831733. doi:10.1038/s41467-019-13552-0. 
  28. Amos, Jonathan (30 de outubro de 2019). "Climate change: Sea level rise to affect 'three times more people'". BBC. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  29. Deviller, Sophie (2 de setembro de 2018). "With rising sea levels, Bangkok struggles to stay afloat". PHYS ORG. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  30. Gluckman, Ron (10 xuño de 2019). "Bangkok: The sinking city faces severe climate challenges". www.preventionweb.net (en inglés). Urban Land Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2021. 
  31. hermesauto (2016-09-06). "Plastic bags clogging Bangkok's sewers complicate efforts to fight floods". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2020-11-17. 
  32. Engkagul, Surapee (1993). "Flooding features in Bangkok and vicinity: Geographical approach". GeoJournal 31 (4): 335–338. doi:10.1007/BF00812783 (inactivo 31 de maio de 2021). 
  33. Nicholls, R. J.; Hanson, S.; Herweijer, C.; Patmore, N.; Hallegatte, S.; CorfeeMorlot, J.; Chateau, Jean; Muir-Wood, Robert (2008). "Ranking Port Cities with High Exposure and Vulnerability to Climate Extremes: Exposure Estimates" (PDF). OECD Environment Working Papers (1). doi:10.1787/011766488208. Consultado o 22 de maio de 2014. 
  34. Old photo (around 1900) of dilapidated prang from the collection of Cornell University Library (último acceso 2009-09-24).
  35. "Phu Khao Thong (Golden Mount)". wikimapia.org. 
  36. Climatological Group, Meteorological Development Bureau (xaneiro de 2012). "The Climate of Thailand" (PDF). Thai Meteorological Department. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2012. 
  37. Wangkiat, Paritta (15 de xullo de 2018). "Strong Cities Needed" (in Spectrum). Bangkok Post. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  38. Thai Meteorological Department. "Extreme minimum temperature during winter season in Thailand 60-year period (1951–2010)" (PDF). TMD website. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar