Circuíto Internacional de Corea

Marina Bay
Plano do Circuíto
Korea international circuit v2.svg
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1
Localización Yeongam, Jeolla Sur, Corea do Sur
Lonxitude 5´621 km.
Curvas 18
Volta rápida (2011) 1:39.605
Piloto Record Sebastian Vettel
Escudería Record Red Bull Racing
Coordenadas 34°44′N 126°25′L / 34.733, -126.417
Vista do Circuíto

O Circuíto Internacional de Corea é un circuíto de automobilismo 5´62 quilómetros, situado en Yeongam, Jeolla Sur, Corea do Sur, a 400 quilómetros ao sur de Seúl e preto da cidade portuaria de Mokpo. Sede do Gran Premio de Corea de F1 resultado do acordo entre Bernie Ecclestone e o promotor coreano de F1, Korea Auto Valley Operation (KAVO - unha empresa conxunta entre M-Bridge Holdings e o goberno rexional de Jeolla Sur).

HistoriaEditar

O deseñador alemán Hermann Tilke é o responsable do deseño da pista. O circuíto é parte permanente, parte urbano. A parte urbana da carreira é ao longo do porto deportivo, onde os espectadores poden ver a carreira desde o paseo marítimo, os iates e os hoteis. Parte das instalacións da cidade, tendas, restaurantes e cafés utilizanse como pit lane durante durante a fin de semana do Gran Premio de F1. No momento da primeira carreira de Fórmula un a única instalación rematada era o circuíto, sendo o resto do proxecto unha inmensa lameira, e segue así.

A primeira carreira de Fórmula Un disputouse en 2010. O acordo é por sete anos, cunha opción de cinco anos máis, co que chegaría ata o ano 2021. Tamén é o circuíto establecido para o regreso do Super Gran Premio de Corea de Fórmula 3 no 2010. A tempada 2013 foi a última na que se celebrou o Gran Premio de Corea, o cual quedou suspendido indefinidamente.

A capacidade do circuíto será de 135.000 espectadores.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de CoreaEditar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
2013   Sebastian Vettel   Red Bull Racing 1:43:13.701 5´621 km 55 179´386 km/h 6. outubro   Corea
2012   Sebastian Vettel   Red Bull Racing 1:36:28.651 5´621 km 55 191´939 km/h 14. outubro
2011   Sebastian Vettel   Red Bull Racing 1:38:01,994 5´621 km 55 188´893 km/h 16. outubro
2010   Fernando Alonso   Ferrari 2:48:20,810 h 5´621 km 55 110´185 km/h 24. outubro

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar