Barco
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Un barco ou embarcación é calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas. Dedicado á navegación marítima ou a funcións militares.

1- Proa
2- Bulbo de proa
3- Áncora
4- Costado de babor
5- Hélice
6- Popa
7- Cheminea
8- Ponte
9- Cuberta principal
Introdución Editar
O mar sempre causou fascinación no ser humano dende o comezo dos tempos; sempre o forneceu de alimento. A costa sur central do Perú na provincia de Pisco, no distrito de Paracas cara ao 10 000 a.C., grazas ó alimento existente nas súas praias, acubillou os primeiros homes que se volveron sedentarios. Primeiro foi a recolección de mariscos e moluscos, logo a pesca e finalmente o home se aventurou a penetrar nese mar que xenerosamente o fornecía de alimento. A tecnoloxía foi progresando e o home construíu plataformas para aboiar na auga; probablemente usou troncos de árbores ou outros materiais abundantes na súa contorna que tiñan flotabilidade. Para impulsarse e non quedar á deriva, botou man do remo ata que descubriu que a forza eólica podía impulsalo con menor esforzo e maior efectividade; logo, achou o xeito de levar a embarcación cara a onde quería e inventou o temón. É a partir de entón cando o home, introducindo melloras na impulsión e goberno, abriu decididamente o proceso que o levaría a construír as modernas naves que sucan hoxe en día os océanos do mundo.
Tipos de barcos Editar
Os barcos divídense en dúas grandes categorías: civís e militares. A normativa é completamente diferente segundo esta división. Así os barcos civís teñen normas específicas para o seu deseño, construción e operación rexidas polas Sociedades de Clasificación. Pola súa banda os barcos militares dependen da administración e de normas que fixan as armadas de cada país.
- Civís
- Pasaxeiros
- Carga
- Líquida
- petroleiro
- LNG
- Quimiqueiro
- Sólida
- Bulk Carriers
- portacolectores
- Rodante
- Sobre raís
- Sobre rodas neumáticas
- barco frigorífico
- Líquida
- Auxiliares
- Remolcadores
- Dragas
- Guindastres
- Garda Costas
- Pesqueiros
- Arrastreiros
- Cerqueiros
- Palangreiros
- Buques factoría
- Militares
Tipos de propulsión Editar
Segundo o combustible e o sistema de propulsión empregada os buques poden ser:
- Embarcación de motor
- Diésel
- Diésel-eléctrica
- Gasolina (pequenas embarcacións)
- Turbinas de gas
- Embarcación de vela
- Embarcación de vapor
- Caldeira
- Turbina
- Propulsión nuclear
- Portaavións
- Submarinos
- Quebraxeos
Títulos náuticos Editar
Para o manexo de buques requírese unha titulación e experiencia específica máis esixente segundo a responsabilidade. Así o máximo responsable do manexo dos buques son os capitáns, só por riba da súa autoridade está a do armador ou propietario do buque. Esta xerarquización do mando leva á especialización segundo o tamaño do buque e a súa complexidade. Así despois do capitán están os oficiais. Un primeiro oficial de máquinas e outro primeiro oficial da ponte chegando ao chanzo máis baixo que sería o posto de mariñeiro.
Partes dun buque Editar
- eslora
- manga
- puntal
- calado
- mastro
- proa e popa
- roda e codaste
- babor (nome tradicional couso) e estribor (nome tradicional arca ou asimán)
- amura de estribor e amura de babor
- aleta de estribor e aleta de babor
- carena
- cabina
- ponte
- cuberta
- quilla
Galería de imaxes Editar
-
Barco remolcador no porto da Coruña.
-
Barco pesqueiro en Caión, A Laracha.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: barcos |
- Clasificación oficial dos barcos para o Goberno da República de Portugal segundo a normalización internacional ISSCFV
- ISSCFV (International Standard Statistical Classification of Fishing Vessels), a clasificación dos buques pesqueiros da FAO de 1984, modificada en 2005, dispoñible en varios formatos:
- Clave trilingüe ilustrada Arquivado 17 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Lista sinxela en inglés (en PDF)
- Cambios propostos en 2005[Ligazón morta]
- Culturamaritima.org, sobre barcos tradicionais
- Carpinteriaderibeira.org sobre carpintaría de ribeira e estaleiros tradicionais
- Nabeira, o proxecto conxunto da Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e a Consellería de Cultura e Deporte para a dinamización do sector das embarcacións tradicionais
- Clasificación das técnicas pesqueiras da FAO Arquivado 17 de novembro de 2007 en Wayback Machine. en clave trilingüe ilustrada
- Moders ships and crew Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.