Un crebaxeos[1] ou quebraxeos[2] é un navío construído especialmente para navegar entre augas cubertas de xeo. Para que un barco poida ser considerado como crebaxeos precisa tres compoñentes: un casco especial reforzado, que a forma do casco lle posibilite esparexir o xeo e que teña forza suficiente para abrise paso.

Crebaxeos da Garda Costeira dos Estados Unidos na Antártida

Nas primeiras expedicións polares utilizáronse navíos baseados nos xa existentes aos que se reforzaba con dobre casco e bandas de ferro no exterior, sobre a popa, a proa e a quilla. O primeiro crebaxos equipado con máquina de vapor foi o Pilot construído en Kronstadt en 1864.

Crebaxeos

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para crebaxeos.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quebraxeos.