Cinco días de Milán

(Redirección desde «Cinco xornadas de Milán»)

Os cinco días de Milán é o nome polo que se coñece unha revolta protagonizada polo pobo da capital lombarda, entón parte do Reino lombardo-véneto, contra a ocupación do Imperio Austríaco entre o 18 e o 22 de marzo de 1848. Os austríacos definían os acontecementos como unha guerra civil, mentres que os milaneses falaban dun movemento de liberación en contra dunha ocupación estranxeira. A revolta finalizou coa vitoria dos insurxentes e a liberación de Milán.

Cinco días de Milán
Parte de Revolución contra a ocupación austríaca.

Episodio dos cinco días por Baldassare Verazzi (1819-1886)
Data entre o 18 e o 22 de marzo de 1848
Lugar Milán, Reino lombardo-véneto
Resultado Vitoria dos insurxentes e liberación de Milán.
Belixerantes
Imperio austríaco Imperio austríaco Italia Insurxentes italianos
Líderes
Joseph Radetzky Gabrio Casati
Carlo Cattaneo
Forzas en combate
14.000[1] 14.000 hombres (incluíndo 2.500 italianos vinculados aos insurxentes)[2]
Baixas
181 mortos, 235 feridos e entre 150 e 180 prisioneiros[3] entre 335 e 424 mortos, máis de 600 feridos e 43 mulleres e nenos asasinados[4]

Despois de cinco días de combates, a poboación da cidade comezou a perseguir as autoridades e as tropas autríacas. O concello instaurou un goberno moderado provisional que estaba en conflito cos opoñentes milaneses, principalmente republicanos e federalistas. Por este motivo, o concello chamou ao rei veciño Carlos Alberte de Sardeña, quen viu a ocasión de ampliar o seu reino. Carlos Alberte declarou a guerra ao Imperio Austríaco e anexionou a Lombardía. Porén, posteriormente viuse na obriga de abdicar despois de varios reveses militares.

A insurxencia provocou emocións fortes e atraeu cara a si varios revolucionarios como Giuseppe Mazzini e Giuseppe Garibaldi, que daquela estaban no exilio. Isto xerou temor entre os monárquicos.

Os cinco días de Milán constitúen, dentro da historiografía do Risorgimento, un dos episodios máis importantes da unificación italiana, xa que foi a única iniciativa popular de envergadura que tivo éxito, e deu comezo aos acontecementos que conduciron á constitución do Reino de Italia.

Notas editar

  1. Ambrosini, Filippo (2004). Carlo Alberto Re. Turín: Edizioni del Capricorno. p. 416. ISBN 88-7707-030-7. 
  2. Montanelli, Indro e Cervi, Mario (1981). Due secoli di guerre. Milán: Editoriale Nuova. 
  3. Meyer-Ott, Wilhelm e Rüstow, Wilhelm (1850). Die Kriegerischen Ereignisse in Italien in den Jahren 1848 und 1849. Zürich. 
  4. Banti, Alberto Mario (2011). Bari, Laterza, ed. Il Risorgimento italiano. p. 236. ISBN 978-88-420-8574-4. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar