Pecíolo (insectos)
En zooloxía, denomínase pecíolo ao estreitamento, a xeito de pescozo, formado polo segundo segmento abdominal e que une o resto do abdome ao tórax nos insectos himenópteros da suborde dos apócritos,[1] ou, nalgúns grupos taxonómicos, formado polos segmentos abdominais segundo e terceiro.[2][3]
Terminoloxía
editarO termo "pecíolo" úsase para designar o primeiro segmento do opistosoma, ou, ás veces, os dous primeiros segmentos, cando se presentan alongados e estreitados, formando unha estreita cintura unindo o tórax á parte posterior do abdome ou opistosoma dos himenópteros da suborde dos apócritos (abellas, avespas e formigas), dos que esta estrutura é característica. Este termo é tamén ás veces utilizado para referirse a unha estrutura similar que presentan insectos pertencentes a outros grupos taxonómicos que teñen unha morfoloxía corporal semellante, especialmente a base opistosomal alongada e claramente mais estreita que os segmentos circundantes.[2][3]
Ocasionalmente o pecíolo desígnase tamén como pedicelo, pero en entomoloxía este último termo resérvase para o segundo segmento da antena dos insectos.[2][3]
A porción alongada do abdome posterior ao pecíolo chámase gáster.[4][5]
Notas
editar- ↑ Garrido, Carlos (1997): Dicionário Terminológico Quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português. A Coruña: AGAL. ISBN 84-8730-512-1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Petiole", in Glossary". University of Florida. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2014. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Steinmann, H. & Zombori, L. (1999): "Dictionary of Insect Morphology". En: Handbuch der Zoologie / Handbook of Zoology. Berlín: Walter de Gruyter GmbH. ISBN 978-3-1101-4898-5, p. 173.
- ↑ "Gaster" en Ant Information. Center for Insect Science Education Outreach. The University of Arizona.
- ↑ Glossary of Descriptive Terminology. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2009. Consultado o 4 de xuño de 2021.