Les Fourmis

libro de 1991 de Bernard Werber

Les Fourmis é unha novela de 1991 de ciencia ficción escrita polo francés Bernard Werber. É a primeira entrega da triloxía La Saga des Fourmis[1] (tamén coñecida como La Trilogie des Fourmis),[2] que continuou con Le Jour des fourmis (1992) e La Révolution des fourmis (1996).[3] A novela foi adaptado en formato de videoxogo.

Les Fourmis
Título orixinalLes Fourmis
Autor/aBernard Werber
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónTriloxía de Les Fourmis
Xénero(s)Novela
EditorialLe Livre de Poche
Data de pub.1991
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas306
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A trama comeza como dúas historias que se desenvolven en paralelo: unha no mundo dos humanos (en París), a outra no mundo das formigas (nunha colonia de formigas nun parque próximo a París). A época é a comezos do século XXI (o futuro próximo, en relación coa época na que Werber escribiu o libro). O personaxe humano recibe unha casa e unha mensaxe provocadora como herdanza do seu tío recentemente falecido. Comeza a investigar a vida e as misteriosas actividades do seu tío, e decide descender á adega da casa pero non regresa. A súa familia e outras persoas ségueno e desaparecen. O personaxe da formiga é un macho cuxa expedición de alimentación é destruída nun só golpe por unha forza misteriosa que vén de arriba. Sospeita que unha colonia doutra especie de formigas atacounos cunha arma secreta, e intenta reunirse coa raíña e reunir outras formigas para investigar o desastre. Porén, atrae a atención dun grupo secreto de formigas dentro da mesma colonia que parece querer ocultar esta información. A medida que se desenvolve a trama, os humanos e as formigas atopan novos misterios e participan en eventos desafiantes, incluíndo unha guerra entre diferentes especies de formigas.

Notas editar

  1. Werber, Bernard. La Saga des Fourmis. 
  2. Werber, Bernard. La Trilogie des Fourmis. 
  3. Werber, Berard (1996). La Révolution des fourmis (The Revolution of the Ants).