Bernard Werber
Bernard Werber, nado o 18 de setembro de 1961 en Tolosa, é un escritor francés, sobre todo coñecido pola súa triloxía Les Fourmis.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1961 (62 anos) Tolosa, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | École supérieure de journalisme de Paris (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | xornalista , escritor de ciencia ficción , guionista , escritor , director de cinema |
Período de actividade | 1968 - |
Xénero artístico | Prosa |
Lingua | Lingua francesa |
Premios
| |
Páxina web | bernardwerber.com |
Traxectoria editar
Estudou criminoloxía en Tolosa e xornalismo en París, colaborou en varios xornais, como L'Événement, Le Point, VSD[1] e como xornalista especializado en ciencia de 1983 a 1990 en Le Nouvel Observateur.
Publicou a súa primeira novela, Les Fourmis en marzo de 1991. As súas obras traducíronse o trinta e cinco linguas, con 30 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, Bernard Werber é, xunto a Marc Levy un dos autores franceses contemporáneos máis lidos internacionalmente, e con especial popularidade en Corea do Sur.[2]
En 2007 dirixiu a súa primeira longametraxe Nos amis les Terriens, producida por Claude Lelouch.
Obra editar
Na súa obra mestura diferentes xéneros, en particular a saga de aventuras, a ciencia ficción e o conto filosófico. O autor ás veces denominou ao seu estilo "filosofía-ficción"[3].
Na maioría das súas novelas, Bernard Werber usa a mesma forma de construción, alternando artigos informativos de enciclopedia, e dous ou tres fíos narrativos. Os artigos precisan ou amplían as intrigas. Ademais todas as súas obras, sexan novelas ou relatos, entrecrúzanse. Así un mesmo personaxe pode aparecer tanto na triloxía de Les Fourmis como en L'Empire des anges, mais igualmente os temas son recorrentes, como a árbore das posibilidades de Isidore Katzenberg, ou mesmo a novela Nous les dieux que contén elementos do conto L’École des jeunes dieux.
Non obstante a súa popularidade, non adoita contar co beneplácito da crítica literaria[4].
Obras editar
A triloxía de Les Fourmis editar
- Les Fourmis, 1991, premio dos lectores de Sciences et Avenir.
- Le Jour des fourmis, 1992, Gran premio das lectoras de Elle
- La Révolution des fourmis, 1996
Pentaloía do ceo editar
- Les Thanatonautes, 1994
- L'Empire des anges, 2000, premio Jules-Verne
Ciclo dos deuses editar
- Nous les dieux, 2004
- Le Souffle des dieux, 2005
- Le Mystère des dieux, 2007
Ciclo Aventureiros da ciencia editar
- Le Père de nos pères, 1998
- L'Ultime Secret, 2001
- Le Rire du cyclope, 2010
Ciclo Troisième Humanité editar
- Troisième Humanité, 2012
- Les Micro-Humains, 2013
- La Voix de la Terre, 2014
Novelas independentes editar
- Le Papillon des étoiles, 2006
- Le Miroir de Cassandre, 2009
- Le Sixième Sommeil, 2015
- Demain les chats, 2016
Libros experimentais editar
- L'Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 1993
- Le Livre du voyage, 1997, premio dos lectores do «Livre de Poche»
- Le Livre secret des fourmis, 2003
- Nos amis les Terriens, petit guide de découverte, 2007, álbum baseado na longametraxe Nos amis les Terriens
- Nouvelle Encyclopédie du savoir relatif et absolu, 2009
- Voyage au cœur du vivant, 2011, álbum
Películas editar
- La Reine de nacre (curtametraxe, 15′), 2001
- Les Humains (curtametraxe, 9′), 2003
- Nos amis les Terriens, longametraxe producida por Claude Lelouch, estreada o 18 de abril de 2007
Teatro editar
- Nos amis les humains, 2003 estrea en 2004 por Jean-Christophe Barc, interpretado por Audrey Dana e Jean-Christophe Barc.
- Bienvenue au paradis, 2011 estrea en 2011 por Jean-Christophe Barc e interpretado por Thierry Liagre.
Notas editar
- ↑ Biographie de Bernard Werber sur le site de son éditeur Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Albin Michel
- ↑ "Ces auteurs français qui séduisent la planète", L'Express, 7 de maio de 2017
- ↑ Entrevista a Bernard Werner, 25 de agosto de 2005
- ↑ "Le cas Werber", L'Express, 15 de novembro de 2001