Meristema
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
En histoloxía vexetal chámaselles meristemas[1] ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados por células totipotentes das que por multiplicación e diferenciación se forman o resto dos tecidos.
Descrición
editarOs meristemas están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas as direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenvolta (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas, forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse o meristema. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo ou periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como as follas e as pezas florais.
Tipos
editarDistínguese entre meristemas primarios, dos que depende o crecemento en lonxitude e meristemas secundarios, que producen o engrosamento dos talos e as raíces.
Meristemas primarios
editarOs meristemas primarios son meristemas apicais, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que os meristemas remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares e corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar, ademais, a un engrosamento dos eixes.
Meristemas secundarios
editarOs meristemas secundarios producen o engrosamento dos talos e as raíces.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meristema.