Botella
Unha botella é un recipiente co pescozo estreito que se utiliza para conservar, almacenar e transportar líquidos.
Fabrícase en diversos materiais que debido ao seu labor deben ser estancos. Os máis comúns son o plástico e o vidro.
As capacidades máis comúns son:
- Para o viño: 75 cl
- Para a auga: 50, 75, 100, 150, 200 cl. Se a medida é superior, adoita incorporar unha asa pasando a denominarse garrafa. Se a medida é inferior a 50 cl, adóitase denominar botello.
Os modelos de botella máis utilizados para envasar viño son:
- Bordelesa, modelo habitual do viño tinto.
- Rin, a botella común para o viño branco.
- Magnum, botella de viño de 150 cl.
Botella de vidro
editarUtilízase para aqueles produtos cuxas propiedades non se alteran baixo os efectos da luz. En caso contrario, precísase utilizar envases opacos como latas ou bricks.
A fins do século XX o seu uso para as bebidas de consumo masivo tendeu a declinar, substituídas por envases plásticos sen retorno. Con todo, existen campañas en varios países contra os envases de PVC, polos problemas que causa ao medio ambiente.
A botella de vidro leva pegada unha ou varias etiquetas de papel nas que se especifica o produto e a marca así como as informacións legais: composición, razón social do fabricante etc.
Partes da botella
editarA botella componse das seguintes partes (de arriba a abaixo):
- Boca: orificio por onde se verte o líquido
- Fío ou hélice
- Anel
- Pescozo
- Costas
- Corpo
- Fondo
- Anel de amoreamento
Tipos de peche
editar- Para líquidos envasados sen presión
- Rosca estándar
- Rosca inviolable. Para abrir a botella é necesario forzar o precinto da rosca.
- Tapón de cortiza. O propio tapón é o que exerce a presión lateral.
- Para líquidos envasados con presión
- Tapón coroa
- Twist-off coroa
- Eurospin
- DiTAB
- Para líquidos envasados con ou sen presión
- Tapón Tapress. Sistema de peche polivalente.
A botella de viño péchase tradicionalmente con tapón de cortiza. Por iso, recoméndase que se garde en horizontal para mantelo húmido pois se se seca, o viño corre o risco de oxidarse.
Botella Codd
editar1872: o fabricante de bebida gasosa Hiram Codd deseña e patenta unha botella para bebida carbonatada. A botella de pescozo Codd, incluía un marbete e un tapón de vidro no pescozo. As botellas enchíanse ao revés, e a presión do gas carbónico na botella forzaba o tapón contra o pico, selándoa. A botella tiña a forma da foto, á dereita, cunha cámara dentro da cal o tapón podía ser empuxado para abrir a botella e non se bloqueaba ao servir.
Despois da súa introdución, a botella fíxose extremadamente popular en Europa, Asia e Australia, así como os bebedores de alcol desdeñaban o seu uso. O termo codswallop orixinado en cervexa vendida en botellas Codd, fixo que a cervexa se fixese popular e coñecida como wallop. Non hai definitiva evidencia disto.
Na Arxentina, a marca de bebida gasosa que a popularizou chamábase "Chinchibirra".
O envasado Codd produciuse regularmente por moitas décadas, pero gradualmente fíxose antigo. Como os nenos rompían as botellas para extraer os tapóns de bóla de vidro, fixéronse moi raros e apareceron coleccionistas, particularmente en Reino Unido. Unha botella Codd cor cobalto custa miles de libras esterlinas no mercado de antigüidades. O deseño do pescozo Codd aínda se usa no Xapón en bebidas soft ramune.
Historia
editarNa antiga Roma co termo ampulla, botella, designábase unha vasilla que tivese calquera forma e que estivese feita de calquera materia, pero sobre todo o nome servía para designar un recipiente co pescozo longo e estreito e o corpo inflado. Nas escavacións da cidade de Roma atopáronse botellas de moi diferentes modelos. En relación con esta palabra podemos mencionar os seguintes termos:
- A ampulla olearia: botella que servía para conter aceite e levaba aos baños para verter sobre a strigilis, que era unha especie de almohaza que servía para limparse a pel despois do baño.
- A ampulla rubida: estaba recuberta de coiro e empregábase nas viaxes para conservar algún tipo de líquido.
- Ampullarius: era o artesán cuxo oficio consistía en cubrir con coiro as botellas de vidro.
- Ampulla: terzo superior do oviduto, lugar onde leva a cabo o proceso de fecundación.