Abrir o menú principal
Planta de sésamo

O sésamo[1] (Sesamum indicum) é unha planta cultivada polas súas sementes ricas en aceite, que se empregan en gastronomía, como por exemplo no pan para hamburguesas. Tamén é empregado para a elaboración de doces. É orixinario da India e de África, dende onde chegou a América transportada polos escravos, os cales utilizaban as súas sementes para espesar e dar sabor aos pratos. Nos estados sureños dos EUA e no Caribe, onde o sésamo foi introducido por escravos africanos, coñécese polo seu nome africano: benne.

Cerca dun terzo do sésamo importado por EUA de México é adquirido por McDonald's para usar en comidas (The Nut Factory 1999).[2]

As mulleres da antiga Babilonia comían halva, unha mestura de mel e sementes de sésamo, para prolongar a súa xuventude e beleza; e os soldados de Roma facían o mesmo para aumentar a súa fortaleza e enerxía.[3]

Composición nutricionalEditar

Sementes de sésamo
Valor nutricional por 100 gramos
Enerxía573 kcal (2,400 kJ)
23.4
Azucres0.3
Fibra alimentaria11.8
49.7
Saturadas7.0
Monoinsaturadas18.8
Poliinsaturadas21.8
17.7
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A9 IU
Tiamina (B1)
69%
0.79 mg
Riboflavina (B2)
21%
0.25 mg
Niacina (B3)
30%
4.52 mg
Vitamina B6
61%
0.79 mg
Ácido fólico (B9)
24%
97 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
2%
0.25 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
98%
975 mg
Ferro
112%
14.6 mg
Magnesio
99%
351 mg
Fósforo
90%
629 mg
Potasio
10%
468 mg
Sodio
1%
11 mg
Cinc
82%
7.8 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga4.7 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

As sementes de sésamo posúen unha elevada cantidade de proteínas, ademais de ser ricas en metionina, un aminoácido esencial. As graxas que contén son insaturadas, é dicir 'boas', o que xunto ao seu contido de lecitina e fitosterois convérteas nun alimento que contribúe a reducir o nivel de colesterol sanguíneo. Igualmente son destacables os seus altos niveis de calcio (que intervén na formación de ósos e dentes), de ferro (que desempeña numerosas e importantes funcións no organismo), así como de zinc (mineral que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, as graxas e as proteínas, e incluso prevén a impotencia masculina).

Tamén contén lignanos, incluíndo a sesamina, un fitoestróxeno con propiedades antioxidantes e anticanceríxenas. Entre os aceites comestibles de seis especies, o de sésamo ten o maior contenido antioxidante.[4]

As sementes de sésamo posúen tamén boas cantidades de fibra, polo que o seu consumo resulta beneficioso para a regulación da función intestinal.

ComercializaciónEditar

A forma máis común de adquirir e consumir o sésamo é en forma de quinua ou quinoa. As sementes poden estar xa incluídas en produtos como o pan torrado ou as galletas de sésamo, ou ben poden engadirse a gran variedade de pratos. Resultan exquisitas en ensalada e en pratos de pasta ou arroz, grazas ao peculiar sabor e textura que presentan, en España, Italia, Francia, Grecia e no Próximo Oriente é común o consumo do sésamo espolvoreado sobre tortas de aceite, ou rosquillas como as chamadas taralli, koulourakia, pasteli ou simit, así como na baclava. Por outra parte é con sésamo que se confecciona un dos aliños principais da comida do Mediterráneo Oriental, o tahina, no Medio Oriente o sésamo é compolente principal do prato coñecido como halva, no Xapón do goma-dofu, na China dos bolos chamados din deui ou matuan, en Vietnam do báh hrán.

Outro dos modos máis frecuente de encontralo é en aceite. Este obtense a partir do prensado en frío das sementes. Convén ter en conta que para poder aproveitar todas as propiedades que o aceite de sésamo posúe é importante compralo sen refinar.

Existen moi diversas formas de incluír o sésamo na dieta, como por exemplo en forma de tahini, unha pasta de sésamo de consistencia cremosa moi fácil de preparar, en forma de gomasio, nome que recibe o sal de sésamo, ou como salsa de sésamo, apta para acompañar case calquera tipo de alimento grazas ao seu suave e agradable sabor.

UsosEditar

 
Sementes de sésamo branco

Actualmente, as sementes de sésamo son unha das sementes oleaxinosas máis utilizadas na cociña e repostaría internacional, sobre todo na oriental. Úsase frecuentemente na cociña como unha especie de acompañamento de pratos e como produto elaborado hai o aceite de sésamo, moi frecuente na cociña asiática.

O sésamo emprégase como alimento das larvas dalgunhas especies de Lepidopteras como Agrotis segetum.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sésamo.
  2. Food, Industrial, Nutraceutical, and Pharmaceutical Uses of Sesame Genetic Resources<
  3. "Positive Health Magazine - Article Abstract". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  4. Cheung SC, Szeto YT, Benzie IF. (2007). Antioxidant protection of edible oils. Plant Foods Hum Nutr. 2007 Mar;62(1):39-42. Abstract.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar