A hamburguesa é un alimento procesado en forma de sándwich cilíndrico que consta de carne picada e compactada cociñada á grella ou fritida. Preséntase entre dous pans lixeiros que posúen unha forma semiesférica que con frecuencia posúen sementes de sésamo na parte posterior. Adoita estar acompañada de aros de cebola, follas de leituga, algún toro de tomate, láminas de conservas en vinagre etc. Así mesmo, é costume que sexa adubada con algún condimento como o ketchup, a mostaza ou a maionesa e por veces cunha ou varias láminas de queixo procesado.

Hamburguesa

Unha hamburguesa clásica.
Tipo Sándwich
Ingredientes
Animal Carne
Queixo
Ovo
Vexetal Pan
Leituga
Cebola
Cogombro
Tomate
Condimentos Mostaza
Ketchup
Maionesa

Etimoloxía

editar

A palabra hamburguesa ven do inglés hamburguer, en relación á cidade de Hamburgo.

Historia

editar
Artigo principal: Historia da hamburguesa.
 

No ano 1500 AEC xa hai indicios de fabricación de carne picada, con aditivos e especias, co seu posterior embutido nunha pel onde se deixaba secar e transformar. Será logo, durante a época do Imperio romano e na Idade Media, cando este produto aumentará a súa fama. Na época da Revolución industrial, increméntase a reutilización do tecido adiposo e o tecido conxuntivo mesturándoo con outros tipos de carne. Desta forma, esta actividade que inicialmente era marxinal, pasa a esixir unha calidade dos animais de procedencia maior. O termo hamburguesa comézase a utilizar no 1884 na expresión Hamburguer steak ou Bistec de Hamburgo que era como se denominaba á carne moída que preparaban os inmigrantes alemáns que vivían nos Estados Unidos. En 1885, a cidade de Hamburg en Nova York inventa un sándwich con carne moída, que adopta o nome da cidade que o creou. Actualmente, este tipo de industria cárnica amósase como unha alternativa á carne fresca.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Sánchez Pineda, M.T. (2003) Procesos de elaboración de alimentos y bebidas. Madrid: Ed. Mundi-prensa (en castelán)

Outros artigos

editar