O sándwich[1] (pl. sándwichs) ou emparedado é unha comida, a xeito de aperitivo, que adoita consistir nun anaco de pan aberto en dúas metades (ou dúas rebandas de pan), entre as cales colócase unha ou máis capas de alimentos tales como carne, queixo, verduras ou outros, ás veces con condimentos, mollos ou outros acompañantes. En portugués o termo adaptouse á grafía latina como sanduíche.

Club-Sandwich.

Historia editar

O termo aparece en Inglaterra, no século XVIII. Disque o conde de Sandwich (vila de Inglaterra), John Montagu, gustaba moito da xogueta, polo que para non perder tempo xantaba simplemente un cacho de carne frío entre dúas rebandas de pan. Outros autores contan que o conde pediu esta comida para non perderen tempo mentres se asinaba a Paz de Aquisgrán en 1748. O sándwich popularizárono os obreiros durante a industrialización da Gran Bretaña no século XIX[2].

O día 3 de novembro, conmemorando a data de nacemento de John Montagu, celébrase o Día Mundial do Sándwich [3].

Sandwicheira editar

A sandwicheira é un aparello formado por dúas placas articuladas, cun peche hermético, que se emprega para torrar os sándwichs.[4]

Notas editar

  1. Definición e escrita en galego no Portal das Palabras
  2. Historia do sándwich no Portal das Palabras da RAG.
  3. "¿Por qué se celebra el Día Mundial del Sándwich?" (en castelán). 
  4. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar