Brașov

(Redirección desde «Braşov»)

Brașov (en húngaro: Brassó) é a capital do distrito (județ) localizado no centro de Romanía, ao sueste da rexión histórica de Transilvania, o Condado de Braşov. Foille outorgado o título de cidade-mártir pola participación dos seus cidadáns na Revolución romanesa de 1989.

Brașov

Conforme ao censo de 2002, ten 283.901 habitantes. A estación de inverno Poiana Brașov está a 12 km do centro do concello, dispoñendo dunha infraestrutura desenvolvida para a práctica dos deportes de inverno.

A patroa da cidade é a Virxe María. A súa estatua está encima dun dos contrafortes da Igrexa Negra, que está orientado cara á Casa Sfatului, co escudo de Brașov esculpido debaixo, en relevo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.