Portal:Bután/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Bután:

1 editar

Enténdese por arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután. Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos.

Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.

  • Muros altos de ladrillo e pedra pintados de branco. Na súa base dispoñen de moi poucas ou ningunha xanela.
  • Bandas avermelladas preto do tope dos muros, ás veces puntuadas por grandes círculos dourados.
  • Chans dos templos de estilo chinés.
  • Entradas masivas construídas de madeira e ferro.
  • Patios interiores e templos profusamente decorados con motivos budistas.


2 editar

O Druk Gyalpo (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་པོ་; literalmente "Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután. En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".

O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo. Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").

O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo. Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.

Os Reis Dragón de Bután:


3 editar

O gho ou g'ô (en dzongkha: བགོ; ɡ̊hoː˨) é o traxe tradicional e nacional dos homes de Bután. Introducido no século XVII por Ngawang Namgyal, primeiro Zhabdrung Rinpoche, para darlle ó pobo ngalop unha identidade distintiva, é un traxe longo até o xeonllo atado por un cinto de tela coñecido como kera (en dzongkha: སྐེད་རགས་). En ocasións especiais, é vestido cun kabney.

O goberno de Bután require que tódolos homes leven o gho se traballan nunha oficina do goberno ou nun colexio. Os homes tamén teñen que levar o gho en ocasións formais. Na súa forma moderna, a lei data de 1989, pero o código de vestimenta driglam namzha é moito máis antigo.


4 editar

Bután participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984. En cada edición dos Xogos de Verán até o ano 2008, Bután só enviou arqueiros para competir. O tiro con arco é o deporte nacional de Bután. O primeiro deportista non arqueiro enviado para competir por Bután foi a tiradora Kunzang Choden nos Xogos de 2012. Competiu na proba de rifle de aire a 10 metros. O equipo nacional enviado en 2012 non contaba con ningún home. Bután nunca gañou unha medalla olímpica. Malia o feito de que Bután é un país moi montañoso, nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

O Comité Olímpico de Bután foi creado en 1983 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.


5 editar

A lingua dzongkha (རྫོང་ཁ་; transliterado: rdzong-kha, Dzongkha), ocasionalmente Ngalopkha ("lingua do pobo ngalop"), é a lingua nacional de Bután. A palabra "dzongkha" significa a lingua (kha) falada en dzong "fortalezas". A arquitectura dzong a xeito de fortalezas é característica dos mosteiros creados a través de Bután polo seu unificador, Ngawang Namgyal, o primeiro Zhabdrung Rinpoche, no século XVII.