Bután nos Xogos Olímpicos

Bután participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984. En cada edición dos Xogos de Verán até o ano 2008, Bután só enviou arqueiros para competir. O tiro con arco é o deporte nacional de Bután.[1] O primeiro deportista non arqueiro enviado para competir por Bután foi a tiradora Kunzang Choden nos Xogos de 2012. Competiu na proba de rifle de aire a 10 metros.[2] O equipo nacional enviado en 2012 non contaba con ningún home.[3] Bután nunca gañou unha medalla olímpica. Malia o feito de que Bután é un país moi montañoso, nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Bután nos Xogos Olímpicos

Flag of Bhutan.svg

Código COI BHU
Comité nacional Comité Olímpico de Bután
bhutanolympiccommittee.org (en inglés)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
0
Total
0

O Comité Olímpico de Bután foi creado en 1983 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallasEditar

Medallas nos Xogos de VeránEditar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Os Ánxeles 1984 6 0 0 0 0
  Seúl 1988 3 0 0 0 0
  Barcelona 1992 6 0 0 0 0
  Atlanta 1996 2 0 0 0 0
  Sydney 2000 2 0 0 0 0
  Atenas 2004 2 0 0 0 0
  Pequín 2008 2 0 0 0 0
  Londres 2012 2 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 2 0 0 0 0
  Toquio 2020 Evento futuro
  París 2024
  Os Ánxeles 2028
Total 0 0 0 0

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar