Portal:Bután/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todos as biografías destacadas no portal Bután:

Kunzang Choden, nada no distrito de Bumthang en 1952, é unha escritora de Bután. Foi a primeira muller do seu país en publicar unha novela en lingua inglesa.

Filla de terratenentes feudais, aos nove anos foi estudar á India, onde aprendeu inglés. Estudou Psicoloxía na Universidade de Delhi (Indraprastha College) e Socioloxía na Universidade de Nebraska-Lincoln. Traballou para o Programa de Desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas en Bután.

Casada cun home suízo, vive en Thimphu. En 2005 publicou a súa primeira novela, The Circle of Karma. Está ambientada na década de 1950, logo da independencia de Bután. A protagonista, traballadora na construción de estradas, debe loitar cos tradicionais e restritivos roles de xénero previos á independencia do país, así como aos novos tipos de sexismo do liberalismo comercial.


Dzongsar Jamyang Khyentse Rinpoche (en dzongkha: རྫོང་གསར་ འཇམ་དབྱངས་ མཁྱེན་བརྩེ་ རིན་པོ་ཆེ), nado en 1961 e tamén coñecido como Khyentse Norbu, é un lama, director de cine e escritor butanés. Os seus tres filmes máis salientables son Phörpa (1999), Travellers and Magicians (2003) e Vara: A Blessing (2013). É o autor dos libros What Makes You Not a Buddhist (Shambhala, 2007); Not for Happiness: A Guide to the So-Called Preliminary Practices (Shambhala, 2012); The Guru Drinks Bourbon (Shambhala, 2016).

É fillo de Thinley Norbu, neto de Dudjom Jigdral Yeshe Dorje e estudante de Dilgo Khyentse. É o principal custodio das ensinanzas de Jamyang Khyentse Wangpo.


Lotay Tshering (en dzongkha: བློ་གྲོས་ཚེ་རིང་), o 10 de maio de 1969, é un político e médico butanés, primeiro ministro do seu país dende o 7 de novembro de 2018.

Foi elixido líder do partido Druk Nyamrup Tshogpa o 14 de maio de 2018. Lotay Tshering foi elixido Primeiro Ministro de Bután nas eleccións xerais de 2018, derrotando os dirixentes dos partidos máis grandes de Bután: Pema Gyamtsho da Partido Paz e Prosperidade de Bután e Tshering Tobgay do Partido Democrático do Pobo.


Jetsun Pema (en dzongkha: རྗེ་བཙུན་པདྨ་: ; Wylie: rje btsun padma), nada o 4 de xuño de 1990, é a raíña consorte (Druk Gyaltsuen, literalmente significando "Raíña Dragón") de Bután, como muller do rei Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, con quen casou o 13 de outubro de 2011.


Jigme Khesar Namgyel Wangchuck (en dzongkha: འཇིགས་མེད་གེ་སར་རྣམ་རྒྱལ་དབང་ཕྱུག་) (nado en 1980) é o actual rei de Bután. É o primoxénito do anterior monarca butanés Jigme Singye Wangchuck e da terceira esposa deste, Ashi Tshering Yangdon Wangchuck. A súa sucesión produciuse pola abdicación daquel o 14 de decembro de 2006. O Rei ten unha irmá e un irmán menores, catro medio irmás e tres medio irmáns.