O assamés[3] é a lingua oficial do estado de Assam, no nordeste da India. Tamén se fala en partes de Arunachal Pradesh e outros estados do nordeste da India; ademais de nos países de Bután e Bangladesh. É falado por máis de 20 millóns de persoas. A día de hoxe, é a lingua indoeuropea máis oriental.

Assamés
অসমীয়া / Ôxômiya
Falado en: India
Rexións: Assam, Arunachal Pradesh
Total de falantes: 16 818 750 [1]
Familia: Indoeuropeo

 Indoiranio
  Indoario
   Oriental
    Bengalí-assamés

     Assamés
Escrita: Alfabeto assamés
Status oficial
Lingua oficial de: Assam
Regulado por: Sen regulador oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: as
ISO 639-2: asm
ISO 639-3: asm
SIL: ASM
Mapa
Status

O assamés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O nome de idioma assamés deriva de Assam, nome dunha parte do val do río Brahmaputra. En assamés, o estado chámase Ôxôm (pronunciado /ojóm/) e o idioma ôxômiya (/ojomíia/).

O assamés pertence ao grupo oriental das linguas indoarias, aquí marcado en amarelo.

Escritura

editar

Empregan o alfabeto assamés,[4] unha variante próxima á escritura Nagari Oriental (bengalí), que provén da escritura gupta.[5]

  1. O assamés no Ethnologue
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Entrada assamés en Digalego
  4. Escrita Assamesa
  5. Bara, Mahendra: The Evolution of the Assamese Script. Jorhat (India): Axom Xahitya Xobha, 1981.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar