Salamandra é un xénero de anfibios urodelos da familia dos salamándridos (Salamandridae).

As sete especies deste xénero áchanse en Europa central e meridional, África do Norte e Oriente Medio.

Lista das especies editar

As especies do xénero Salamandra son, segundo Amphibian Species of the World[1] (16 de maio de 2011):

e as especies fósiles

Descrición editar

As salamandras deste xénero, denominadadas polos herpetólogos "salamandras do grupo alpino", distínguense doutras especies pola tinción de negro dos individuos (fenómeno denominado melanismo, coa excepción da subespecie "Salamandra atra aurorae" achado no Bosco del Dosso nos Alpes, que amosa diferentes graos de pigmentación amarelada na cabeza e o tronco) e a súa particular estratexia reprodutiva: as femias dan a luz a individuos adultos completamente formados e non a larvas como outras especies de salamandras (viviparidade completa, contra a ovoviviparidade para o grupo das denominadas "salamandras de fogo" (do inglés fire salamanders).

Taxonomía editar

O xenenro Salamandra foi atribuído durante moito tempo a Laurenti, 1768, pero Garsault xa o creara en 1764.[2]

Tradicionalmente dividíanse en dous grupos: as "salamandras de fogo", coas especies Salamandra salamandra, Salamandra algira, Salamandra corsica e Salamandra infraimmaculata, e as "salamandras alpinas", con Salamandra atra e Salamandra lanzai.

Esta distinción non ten hoxe valor taxonómico, e os dous grupos considéranse agora como de orixe non monofilética.[3] A separación nestes dous grupos, porén, mantén un carácter práctico e pedagóxico para presentar o xénero Salamandra.

Notas editar

  1. Amphibian Species of the World
  2. Garsault, François A. P. de (1764): Les Figures des Plantes et Animaux d'Usage en Médecine, Décrits dans la Matière Médicale de Mr. Geoffroy Médecin, Dessinés d'après Nature. Paris.
  3. Veith, M; Steinfartz, S.; Zardoya, R.; Seitz, A.; Meyer, A. (1998). "A molecular phylogeny of "true" salamanders (family Salamandridae) and the evolution of terrestriality of reproductive modes". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research (en inglés) 36 (1-2): 7–16. ISSN 0947-5745. doi:10.1111/j.1439-0469.1998.tb00774.x. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar