François Alexandre Pierre de Garsault

François Alexandre Pierre de Garsault, nado o 16 de abril de 1691 en Aix-en-Provence, e finado o 3 de agosto de 1778 en París, foi un botánico, zoólogo e ilustrador francés, que foi membro da Academia Francesa das Ciencias.

Modelo:BiografíaFrançois Alexandre Pierre de Garsault
Biografía
Nacemento16 de abril de 1691
Aix-en-Provence
Morte3 de agosto de 1778
París
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaGarsault Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Academia Francesa das Ciencias

BNE: XX901618

Traxectoria

editar

François-Alexandre de Garsault reibiu unha educación moi completa que lle permitiu escribir sobre unha ampla variedade de asuntos. Publicou varios libros sobre o tema ecuestre. Le Nouveau Parfait Maréchal, un traballo popular sobre o cabalo publicado en 1741, para o que tamén debuxa ilustracións, tivo un grande éxito durante o século XVIII.

Dotado cunha boa cultura científica, publicou tamén escritos sobre botánica (por exemplo, estaba moi interesado nas pteridófitas e nas espermatófitas),[1] e zooloxía, especialmente Figures des plantes et animaux d'usage en médecine en 1764. Participou en numerosas obras para o Academia das Ciencias de Francia sobre varios ofiocios.[2]

François-Alexandre de Garsault publicou numersoas obras co seu nome, ilustrou as obras científicas doutros autores e traduciu unha obra do inglés.

Algunhas das súas obras foron traducidas ao español, ao alemán e ao inglés.

Algunhas publicacións

editar
  • 1764 - Le Nouveau Parfait Maréchal. 5 vols. [xxxiv: prefacio, táboas, aprobación, privilexios], 641 pp.; retrato de Garsault en frontispicio, 29 pranchas gravadas, 20 pranchas botánicas.
  • 1767 - Les figures des plantes et animaux d'usage en médecine.
  • 1769 - Art du tailleur. Ed. imp. de Delatour. 60 pp.-17 pl. Catálogo de arte en liña Frontispicio da obra.

Taxons descritos

editar

Abreviatura

editar

A abreviatura Garsault emprégase para recoñecer a François Alexandre Pierre de Garsault como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica,[3] e en zooloxía.

  1. Garsault, François Alexandre Pierre de (1691-1778) no sitio do International Plant Names Index. Consultada o 19 de xaneiro dde 2019.
  2. Garsault, François-Alexandre-Pierre de (1777): L'art du bourrelier et du sellier. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
  3. Garsault, François Alexandre Pierre de (1691-1778) no IPNI.

Véxase tamén

editar