Terra de Rupert
A Terra de Rupert (Rupert's Land) é o nome dunha antiga posesión británica en América do Norte, que abrangue gran parte do territorio da actual Canadá.
HistoriaEditar
Pertencía orixinalmente á Compañía da Baía de Hudson, e recibeu o seu nome do príncipe Ruperto do Reno, sobriño de Carlos I, e primeiro gobernador da compañía.
Os estatutos outorgados á compañía por Carlos II concedíanlle o monopolio sobre a conca hidrográfica de todos os ríos e arroios que desembocan na baía de Hudson, unha área de 3,9 millóns de km², máis dun terzo do actual territorio canadense.
A Compañía do Noroeste de Montreal e a Compañía da Baía de Hudson fusionáronse en 1821, pasando a controlar un territorio maior, que máis tarde se estendería até as costas árticas no norte e o océano Pacífico ao oeste.
En 1870 foi abolido o monopolio da compañía, e autorizouse o comercio libre na rexión. A compañía cedeu a Terra de Rupert e o Territorio Noroeste á Confederación Canadense.
Igrexa AnglicanaEditar
Tierra de Rupert é tamén o nome dunha provincia eclesiástica da Igrexa Anglicana do Canadá, que abarca as pradeiras canadenses e gran parte da zona ártica.