Pradarías canadenses

As pradarías canadenses son unha gran rexión de terras sedimentarias chairas que se estenden no Oeste canadense entre o Escudo Canadense ao leste e as Montañas Rochosas. As praderías canadenses son unha das principais rexións agrícolas do mundo. As dúas actividades máis importantes son o cultivo do trigo ao sur das pradarías e a gandería bovina en Alberta.

Pradarías canadenses

Xeografía editar

As pradarías canadenses —porción canadense das Grandes Planicies— cobren unha gran parte das provincias de Alberta, Saskatchewan e de Manitoba (ás veces chamadas conxuntamente ALSAMA (por ALberta, SAskatchewan, MAnitoba), Provincias das Pradarías, ou simplemente as Pradarías). A súa superficie é de 1.960.681 km² e o número de habitantes é de 5.406.908 (2006). O seu clima é do tipo continental seco.

A unidade xeográfica provén do feito de que estas tres provincias sitúanse máis ou menos sobre o mesmo tipo xeolóxico. Hai tamén unha certa unidade cultural nestas tres provincias.

Nas pradarías de Manitoba, atopamos moitos bosques de coníferas. As pradarías de Saskatchewan tiñan antes herbas altas, pero agora son ricas en trigo. As pradarías de Alberta son tan ricas en trigo como as de Saskatchewan.

Problemas contemporáneos editar

Por mor da deforestación das terras, o chan non pode absorber a auga, o que carrexa inundacións. A deforestación volve tamén o terreo moi fino e se erosiona baixo o efecto do vento. Ademais, este medio está en risco porque ten un nivel débil de precipitación e porque o quentamento climático empeora as secas. En resumo, a seca das praderías canadenses converteuse nunha verdadeira catástrofe natural que ten grandes repercusións sobre os agricultores e a poboación. Tamén produce grandes perdas económicas.

Ligazóns externas editar