Provincias e territorios do Canadá

(Redirixido desde "Subdivisións do Canadá")
Mapa xeopolítico do Canadá

O Canadá é unha federación de Norteamérica integrada por dez provincias e tres territorios que conforman o segundo país máis grande do mundo en termos de superficie. A diferenza principal entre unha provincia e un territorio canadense é que a provincia recibe os poderes de goberno directamente da Coroa británica, por medio do Acta da Constitución de 1867, o cal outórgalle máis competencias e dereitos que un territorio, cuxos poderes están delegados polo goberno federal.

Na actualidade as provincias do Canadá son Alberta, a Columbia Británica, Manitoba, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Ontario, a Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Saskatchewan. Os tres territorios son os Territorios do Noroeste, Nunavut e Yukón.

HistoriaEditar

Ontario, Quebec, Novo Brunswick e Nova Escocia son as provincias orixinais, formadas cando as colonias británicas norteamericanas se federaron o 1 de xullo de 1867 no Dominio do Canadá e por etapas comezaron a acumularse os indicios de soberanía do Reino Unido. Durante os seis anos seguintes Manitoba, Columbia Británica e a Illa do Príncipe Eduardo foron engadidas como provincias.

A Compañía da Baía de Hudson mantiña o control de grandes porcións de territorio do oeste do Canadá ata 1870, data en que entregaría estas terras ao goberno do Canadá e que conformarían os Territorios do Noroeste. O 1 de setembro de 1905, unha porción dos Territorios do Noroeste que se atopaba ao sur do paralelo 60 converteuse nas provincias de Alberta e Saskatchewan. En 1912, as fronteiras de Quebec, Ontario e Manitoba estendéronse cara ao norte: Manitoba estendeuse ata o paralelo 60; Ontario cara á baía de Hudson e Quebec anexouse o Distrito de Ungava.[1]

En 1869, Terra Nova e Labrador decidiu nun referendo permanecer como territorio británico e non como parte do Dominio do Canadá xa que temían que as políticas do Canadá central dominasen as políticas de Terra Nova en canto a impostos e outros asuntos económicos. En 1907, Terra Nova e Labrador adquiriron o estatuto de Dominio. Porén, en 1933, o goberno de Terra Nova caeu e durante a Segunda Guerra Mundial, Canadá tomou a responsabilidade de defender Terra Nova. Logo da guerra, cuestionouse o estatuto de Terra Nova, e por unha estreita maioría, os cidadáns votaron para unirse á Confederación Canadense en 1948, nun referendo. O 31 de marzo de 1949, converteuse na décima e última provincia en unirse á confederación.

GobernoEditar

 
Evolución das fronteiras e os nomes das provincias e territorios do Canadá.

As provincias gozan de grande autonomía en relación co poder federal, e teñen a xurisdición sobre a maioría dos servizos públicos de sanidade, educación, benestar e dos transportes intraprovinciais. Reciben "pagos de transferencia" do goberno federal para financiar estes servizos, e tamén teñen a capacidade de cobrar os seus propios impostos. O goberno federal, con poderes superiores en canto ao cobro de impostos, acondiciona estes pagos de transferencia e inflúe ás provincias; por exemplo, como condición para recibir fondos para financiar os servizos de sanidade, as provincias téñense que comprometer a ofrecer acceso universal.

Os órganos lexislativos das provincias son unicamerais. Anteriormente, algunhas provincias tiñan unha segunda cámara, coñecida como Consello Lexislativo, pero foron abolidas; a última en selo sería a de Quebec en 1968. Na maioría das provincias, o órgano lexislativo chámase Asemblea Lexislativa, salvo nas provincias de Nova Escocia e Terra Nova e Labrador onde se chama Casa de Asemblea, e en Quebec, onde se coñece como Asemblea Nacional. Ontario ten unha Asemblea Lexislativa pero os seus membros denomínanse Membros do Parlamento Provincial. As Asembleas Lexislativas usan un procedemento similar ao da Cámara dos Comúns canadense. O xefe de goberno de cada provincia é o premier, xeralmente o líder do partido con maioría parlamentaria. Este é tamén o caso en Yukón, pero os Territorios do Noroeste e Nunavut non teñen partidos políticos a nivel territorial. O representante da raíña en cada provincia é o Tenente Gobernador. En cada un dos territorios hai un Comisionado análogo, pero representa ao goberno federal e non ao monarca. Estas diferenzas terminolóxicas resúmense a continuación.

Terminoloxía federal, provincial e territorial comparadaEditar

Canadá Gobernador Xeral Primeiro Ministro Parlamento Parlamentario
Senado Cámara dos Comúns Senador Membro do Parlamento
Ontario Tenente Gobernador Premier n/a(*) Asemblea Lexislativa n/a Membro do Parlamento Provincial
Quebec Asemblea Nacional Membro da Asemblea Nacional
Terra Nova e Labrador Casa de Asemblea Membro da Casa de Asemblea
Nova Escocia Membro da Asemblea Lexislativa
Outras provincias Asemblea Lexislativa
Territorios Comisionado Líder do Goberno (Premier)

(*) Quebec, Nova Escocia, Novo Brunswick, Manitoba, Terra Nova e a Illa do Príncipe Eduardo historicamente tiñan un Consello Lexislativo, análogo ó Senado federal.

Provincias do CanadáEditar

Escudo Provincia Abreviatura postal
Código ISO
Capital
[2]
Maior
cidade[3]
Entrada na
Confederación[4]
Poboación
[a]
superficie (km2)[6] Lingua
oficial[7]
Escanos[8]
Terra Auga Total Congreso Senado
    Ontario1[b] ON Toronto 1 de xullo de 1867 14,711,827 917,741 158,654 1,076,395 Inglés[c] 121 24
    Quebec1 QC Quebec Montreal 1 de xullo de 1867 8,537,674 1,356,128 185,928 1,542,056 Francés[d] 78 24
    Nova Escocia2 NS Halifax[e] 1 de xullo de 1867 977,457 53,338 1,946 55,284 Inglés[f] 11 10
    New Brunswick2 NB Fredericton Moncton 1 de xullo de 1867 779,993 71,450 1,458 72,908 Inglés
Francés[g]
10 10
    Manitoba3 MB Winnipeg 15 de xullo de 1870 1,377,517 553,556 94,241 647,797 Inglés[c][h] 14 6
    Columbia Británica2 BC Victoria Vancouver 20 de xullo de 1871 5,110,917 925,186 19,549 944,735 Inglés[c] 42 6
    Illa do Príncipe Eduardo2 PE Charlottetown 1 de xullo de 1873 158,158 5,660 0 5,660 Inglés[c] 4 4
    Saskatchewan4 SK Regina Saskatoon 1 de setembro de 1905}} 1,181,666 591,670 59,366 651,036 Inglés[c] 14 6
    Alberta4 AB Edmonton Calgary 1 de setembro de 1905 4,413,146 642,317 19,531 661,848 Inglés[c] 34 6
    Terra Nova e Labrador2 NL San Xoán de Terranova 31 de marzo de 1949 521,365 373,872 31,340 405,212 Inglés[c] 7 6
Total 700737672706000000037.672.706 70065490918000000005.490.918 7005572013000000000572.013 70066062931000000006.062.931 7002335000000000000335 7002102000000000000102

Notas:

  1. Xusto antes da formación da Confederación, Ontario e Quebec formaban a Provincia do Canadá.
  2. Nova Escocia, Novo Brunswick, a Columbia Británica e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas cando se uniron á Confederación. Antes da súa entrada, Terra Nova era un Dominio da Commonwealth Británica.
  3. Manitoba conformouse ao mesmo tempo que os Territorios do Noroeste.
  4. Saskatchewan e Alberta foron creadas a partir dos Territorios do Noroeste.
  1. As of Q1 2020.[5]
  2. Ottawa, a capital nacional do Canadá, está situada en Ontario, preto da súa fronteira con Quebec. Non obstante, a Rexión da Capital Nacional exténdese a ambos lados da fronteira.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 De facto; O francés ten un estatuto constitucional limitado.
  4. Carta da lingua francesa; O inglés ten un estado constitucional limitado.
  5. Nova Escocia disolveu as cidades en 1996 a favor de municipios rexionais; polo tanto o seu maior municipio rexional substituíuse.
  6. Nova Escocia ten moi poucos estatutos bilingües (tres en inglés e francés; un en inglés e polaco); algúns órganos gobernamentais teñen nomes lexislados en inglés e francés.
  7. Sección dezaseis da Carta canadense de dereitos e liberdades.
  8. Aínda que a provincia ten proteccións constitucionais por riba da media para a lingua francesa, non é aínda unha lingua oficial.

Edificios lexislativos provinciaisEditar

Territorios do CanadáEditar

Na actualidade, os territorios do Canadá son tres. A diferenza das provincias, os territorios do Canadá non teñen ningunha xurisdición inherente e só gozan dos poderes que lles son delegados polo goberno federal.[9][10][11] Os territorios abarcan a porción do Canadá ao norte da latitude 60° N e ao oeste da baía de Hudson, así como case todas as illas ao norte do Canadá continental (desde a baía de James cara ás Illas Árticas). A seguinte táboa presenta os territorios en orde de precedencia.

Territorios do Canadá
Escudo Territorio Abreviatura postal (código ISO) Capital e
cidade máis grande[2]
Entrada na
Confederación[4]
Poboación[a] Superficie (km2)[6] Linguas oficiais Escanos[8]
Terra Auga Total Congreso Senado
    Territorios do Noroeste NT Yellowknife 15 de xullo de 1870 44,904 1,183,085 163,021 1,346,106 Chipewyan, Cree, Inglés, Francés, Gwich'in, Inuinnaqtun, Inuktitut, Inuvialuktun, Slavey do norte, Slavey do sur, Tłįchǫ[12] 1 1
    Yukon YT Whitehorse 13 de xuño de 1898 41,078 474,391 8,052 482,443 Inglés, Francés[13] 1 1
    Nunavut NU Iqaluit 1 de abril de 1999 39,097 1,936,113 157,077 2,093,190 Inuinnaqtun, Inuktitut, Inglés, Francés[14] 1 1
Total territorios 7005124790000000000124.790 70063593589000000003.593.589 7005328150000000000328.150 70063921739000000003.921.739 70003000000000000003 70003000000000000003

Nota: Canadá non adquiriu novo territorio para crear Yukón, Alberta, Saskatchewan ou Nunavut. Estes formáronse a partir dos Territorios do Noroeste.

  1. As of Q1 2020.[5]

Edificios lexislativos territoriaisEditar

Evolución das provincias e territoriosEditar

Columbia Británica, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas antes unirse ó Canadá. Ontario e Quebec uníronse antes da Confederación como a Provincia do Canadá.

Manitoba e os Territorios do Noroeste creáronse en 1870 a través da Terra de Rupert e os Territorios do Noroeste. Entón, a rexión do Territorio do Noroeste abarcaba todo o norte e o oeste do Canadá, incluíndo dúas terceiras partes de Ontario e Quebec, salvo as Illas Árticas, a Columbia Británica e unha pequena porción do sur de Manitoba.

En 1882 formáronse os distritos provisionais nos Territorios do Noroeste.

En 1895 fixéronse cambios nos distritos dos Territorios do Noroeste.

En 1903 a disputa pola fronteira de Alasca fixou o límite noroeste de Columbia Británica. Este foi unha das dúas únicas provincias na historia canadense en reducir o seu tamaño. A segunda ocorreu en 1927, cando unha disputa divisoria entre a provincia de Quebec e o Dominio de Terra Nova resultou no incremento de Labrador a expensas de Quebec.

En 1905 formáronse a provincias de Alberta e Saskatchewan a partir dos Territorios do Noroeste.

En 1912 as provincias de Quebec, Ontario e Manitoba creáronse de territorio que formara unha vez parte dos Territorios do Noroeste.

En 1999 Nunavut foi creado a partir da porción este de os Territorios do Noroeste. Yukón está na parte occidental do norte de Canadá, mentres que Nunavut está no leste.

A poboación de Nunavut é 85% inuit, mentres que a poboación dos Territorios do Noroeste é 10% inuit, 40% amerindios (chamados "primeiras nacións" ou "primeiros pobos") e métis (mestizos) e o 50% non é aborixe. Os tres territorios son a rexión menos poboada do Canadá, cunhas 100.000 persoas. A miúdo refírese a eles como unha soa rexión, "O Norte", a efectos organizativos.

Cada un dos territorios elixe a un membro do Parlamento. A diferenza dos territorios dos Estados Unidos (como as Illas Virxes dos Estados Unidos), os territorios canadenses elixen a un representante coas mesmas prerrogativas que os outros da Cámara dos Comúns. Os residentes dos territorios canadenses son cidadáns con todos os dereitos dos cidadáns das provincias. Cada territorio tamén conta cun senador.

Partidos políticos provinciaisEditar

A maior parte das provincias teñen homólogos provinciais aos tres partidos federais nacionais. Con todo, algúns partidos provinciais non están formalmente ligados aos partidos federais homónimos. Algunhas provincias teñen partidos políticos rexionais, como o Saskatchewan Party. O clima político provincial de Quebec é bastante diferente: a principal ruptura é entre o Parti Québécois, que avoga pola soberanía de Quebec, e o Parti Libéral du Québec, cuxa ideoloxía é federalista, isto é, que Quebec siga formando parte da Confederación Canadense.

NotasEditar

  1. "The Atlas of Canada - Territorial Evolution, 1912". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome canada1
  3. Place name (2013). "Census Profile". Statistic Canada. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  4. 4,0 4,1 Reader's Digest Association (Canada); Canadian Geographic Enterprises (2004). The Canadian Atlas: Our Nation, Environment and People. Douglas & McIntyre. p. 41. ISBN 978-1-55365-082-9. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2016. Consultado o 21 denovembro de 2015.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  5. 5,0 5,1 "Population estimates, quarterly". Statistics Canada. 20 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2020.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  6. 6,0 6,1 "Land and freshwater area, by province and territory". Statistics Canada. 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2013.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  7. Coche, Olivier; Vaillancourt, François; Cadieux, Marc-Antoine; Ronson, Jamie Lee (2012). "Official Language Policies of the Canadian Provinces" (PDF). Fraser Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2012. Consultado o 6 de agosto de 2012.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  8. 8,0 8,1 "Guide to the Canadian House of Commons". Parliament of Canada. 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  9. Northwest Territories Act - Department of Justice of Canada
  10. Yukon Act - Department of Justice of Canada
  11. Nunavut Act - Department of Justice of Canada
  12. Northwest Territories Official Languages Act, 1988 Arquivado 22 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (emendado 1988, 1991–1992, 2003)
  13. "OCOL – Statistics on Official Languages in Yukon". Office of the Commissioner of Official Languages. 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  14. "Nunavut's Official Languages". Language Commissioner of Nunavut. 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. Consultado o 6 de agosto de 2013.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)