Primeiras Nacións

As Primeiras Nacións (en inglés: First Nations; en francés: Premières Nations) é un termo utilizado no Canadá para referirse ao conxunto dos pobos indíxenas localizados no territorio actualmente. Non todos os pobos se enmarcan nesta agrupación, como os inuit e os métis[3], e hai actualmente uns 600[4]. O corpo de representación estatal das Primeiras Nacións no Canadá é a Asemblea das Primeiras Nacións, existente dende 1982.

Primeiras Nacións





Poboación
Poboación total:
698 025[1]
Rexións principais:
Canadá (sobre todo nas provincias de Ontario e Columbia Británica)[2]698 025
Aspectos culturais
LinguaLinguas aborixes do Canadá, inglés e francés
RelixiónCristianismo, anglicanismo canadense e crenzas nativas
Grupos
relacionados
Nativos americanos

Os pobos que compoñen as Primeiras Nacións son denominados normalmente por pobos aborixes e autóctonos (termo máis empregado polos franco-canadenses), ou por pobos nativos canadenses, da expresión inglesa usual de Estados Unidos de Native Americans (Nativos Americanos). Oficialmente son coñecidos polo goberno do Canadá como "indios rexistrados".

Notas editar

  1. "Aboriginal Identity (2006 Census)". Statistics Canada. Government of Canda. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 26-X-09. 
  2. "Assembly of First Nations - The Story". The Assembly of First Nations. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  3. "Canada's System of Justice Rights and Freedoms in Canada". Department of Justice Canada. 2009-07-31. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 26-X-09. 
  4. "Gateway to Aboriginal Heritage". Canadian Museum of Civilization. Consultado o 26-X-09. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar