Universidade das Primeiras Nacións do Canadá

universidade federada coa Universidade de Regina

Coordenadas: 50°25′09″N 104°34′55″O / 50.4193, -104.582

A Universidade das Primeiras Nacións do Canadá (en inglés: First Nations University of Canada; abreviado como FNUniv) é un institución post-secundaria e unha universidade federada da Universidade de Regina, que ten a súa sede na provincia canadense de Saskatchewan. A universidade conta con tres campus dentro da provincia, en Prince Albert, Regina e Saskatoon. A universidade ofrece programas académicos en empresariais, humanidades, ciencias sociais e ciencias; incluíndo unha serie de programas centrados en prácticas aborixes.

Universidade das Primeiras Nacións do Canadá
Fachada exterior do campus universitario en Regina.
Datos xerais
LocalizaciónSaskatchewan
Fundaciónmaio de 1976
Datos actuais
ReitorJacqueline Ottmann[1]
Datos de contacto
EnderezoCampus de Regina
Páxina webfnuniv.ca
Facebook: FNUNIV Twitter: fnunivcan Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A institución ten como orixe o Saskatchewan Indian Federated College (SIFC), un colexio federado estabelecido en maio de 1976 mediante un acordo entre a Federación de Nacións Indíxenas de Saskatchewan e a Universidade de Regina. En xuño de 2003, a institución pasou a chamarse FNUniv, e o seu novo campus de Regina abriu a finais dese ano.

Historia editar

 
O antigo edificio do campus de Saskatoon no barrio de City Park de Saskatoon. O edificio albergou o campus de Saskatoon de 1994 a 2010.

FNUniv orixinouse do Saskatchewan Indian Federated College. O Saskatchewan Indian Federated College estivo afiliado á University of Regina desde a súa fundación en 1976. O SIFC foi establecido a través dun acordo entre a Federación de Nacións Indias de Saskatchewan e a Universidade de Regina formalizado en maio de 1976, coa intención declarada de atender "as necesidades académicas, culturais e espirituais dos estudantes das Primeiras Nacións".[2][3]

O 23 de xuño de 2003, baixo a dirección do reitor da universidade Eber Hampton, a institución pasou a chamarse FNUniv.[4] O conde de Wessex inaugurou o campus de Regina da universidade en 2003.[5]

A Nación Cree Star Blanket propuxo un plan para declarar a propiedade da institución unha reserva india urbana en virtude dun Acordo de Dereitos de Terras do Tratado de Saskatchewan no que participan Star Blanket, os gobernos provincial e federal. Os membros da banda da Nación Star Blanket votaron por unanimidade a prol deste plan durante un referendo de 2008.[6]

Notas editar

  1. "Jacqueline Ottmann installed as new president of First Nations University of Canada". CBC. Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  2. SaskNetWork – Federated Colleges Arquivado 2015-10-23 en Wayback Machine.
  3. "Overview". fnuniv.ca. First Nations University of Canada. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 11 de abril de 2020. 
  4. "Overview". fnuniv.ca. First Nations University of Canada. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 11 de abril de 2020. 
  5. "Canada's first aboriginal-run university opens". CBC News. 21 de xuño de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 2010-02-01. 
  6. First Nations University of Canada (17 de maio de 2008). "100 per cent Vote in Favour of Urban Reserve Proposal". CNW Group. Consultado o 2008-05-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar