Dendroctonus ponderosae
Dendroctonus ponderosae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Dendroctonus ponderosae é unha especie de escaravello curculiónido nativo dos bosques de América do Norte desde México á parte central da Columbia Británica no Canadá. Pode converterse nunha praga para algúns bosques de piñeiros. Ten un exoesqueleto negro e mide uns 5 mm, aproximadamente como un gran de arroz.
No oeste de América do Norte un gromo recente desta praga creada polo escaravello e os microbios asociados a el afectou amplas áreas de bosques de piñeiros da especie Pinus contorta, abranguendo máis de 160000 km2 de bosques na Columbia Británica.[1] O gromo no Parque Nacional das Montañas Rochosas de Colorado empezou en 1996 e causou a destrución de millóns de hectáreas de piñeiros das especies Pinus ponderosa e P. contorta. No pico do gromo en 2009, foron afectados uns 16000 km2.[2] O gromo despois declinou debido ás mellores condicións ambientais e porque moitas árbores vulnerables foran xa destruídas.[2][3]
Este escaravello pode vivir nas seguintes especies de piñeiros: Pinus ponderosa, Pinus albicaulis, Pinus contorta, Pinus sylvestris, Pinus banksiana,[4] Pinus flexilis, Pinus aristata,[5] e Pinus longaeva.[6] Normalmente estes insectos exercen un importante papel na vida dos bosques, atacando as árbores vellas ou debilitadas e acelerando o desenvolvemento de bosques máis novos. Porén, nos raros casos en que hai veráns moi cálidos e secos e invernos suaves, como ocorreu en 2004–2007 nos Estados Unidos e o Canadá, xunto con bosques cheos de piñeiros contorta maduros, poden orixinarse grandes epidemias sen precedentes.[7]
O gromo recente pode que fose a praga de insectos forestais máis grande vista en América do Norte desde a colonización europea.[8] A plantación de monocultivos forestais e un século de supresión de incendios forestais contribuíu ao tamaño e gravidade do gromo e pode ter un efecto significativo sobre a capacidade dos bosques de retirar da atmosfera gases de efecto invernadoiro como o CO2.[9]
Debido ao seu impacto forestal, secuenciouse o transcriptoma[10] e o xenoma[11] deste escaravello. Foi o segundo xenoma dun escaravello en ser secuenciado.
Infestacións das árbores
editarOs D. ponderosae afectan os piñeiros ao poñer ovos baixo as súas codias. Os escaravellos introducen fungos na madeira branda (o sámago) o que impide que a árbore repela e mate os escaravellos atacantes cun fluxo de resina. O fungo tamén bloquea o transporte de auga e nutrientes polos vasos condutores da árbore. Na parte exterior da árbore isto ten como resultado a formación de masas de resina con forma de flocos de millo, chamados "tubos de resina", onde os escaravellos entraron.[12] A acción conxunta da alimentación das larvas e a colonización fúnxica mata a árbore hóspede en poucas semanas, deixando a capa superficial da árbore danada e cortando o fluxo de nutrientes. Nos últimos anos as condicións de seca debilitaron aínda máis as árbores, facéndoas máis vulnerables e incapaces de defenderse contra o ataque. Cando unha árbore empeza a ser atacada, permanece polo momento verde. Xeralmente un ano despois do ataque as follas aciculares xa se puxeron vermellas. Isto significa que a árbore está morrendo ou xa morta e que os escaravellos se mudaron a outra árbore. En tres ou catro anos despois de iniciado o ataque queda moi pouca follaxe, polo que as árbores aparecen grises.[7]
A medida que as poboacións de escaravellos aumentan ou que máis árbores están estresados pola seca ou outras causas, a praga pode rapidamente incrementarse e espallarse. As árbores saudables son despois atacadas e enormes áreas de piñeiros maduros poden ser ameazadas ou morrer. Os veráns cálidos e invernos suaves xogan un importante papel na supervivencia do insecto e na continuación ou intensificación do gromo. As condicións climatolóxicas adversas (como os invernos con temperaturas de moitos graos baixo cero) poden reducir as poboacións de escaravellos e diminuír o seu espallamento, pero os insectos poden recuperarse rapidamenre e reiniciar o seu ataque en bosques sans.
Ciclo vital
editarOs escaravellos desenvólvense pasando por catro estadios: ovo, larva, pupa e adulto. Excepto durante uns poucos días do verán cando os adultos saen das árbores onde se criaron e voan para atacar novas árbores, todos os estadios da vida os pasan baixo as codias.[13]
En arboredas situadas a baixa altura e en anos cálidos, os escaravellos necesitan un ano para completar unha xeración. A maiores alturas, onde os veráns son normalmente máis fríos, os ciclos vitais complétanse nun ou en dous anos.
Os escaravellos femias son os que inician o ataque. Mastigan a codia interna e o floema, liberan feromonas, que atraen aos machos á mesma árbore. Os escaravellos que están realizando un ataque producen máis feromonas, orixinando un ataque en masa que supera as defensas da árbore e causa ataques nas árbores veciñas.
Os predadores naturais do escaravello son certas aves, especialmente os petos, e varios insectos.
Notas
editar- ↑ Irvin, Doyle (2017-02-15). "Blisters, Beetles and British Columbia: Global ReLeaf in Canada". American Forests Magazine. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-09-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Bob Ward: Colorado Wildfires Are Linked to Global Warming". Huffingtonpost.com. 2013-06-19. Consultado o 2014-02-14.
- ↑ "Broad-level Reconstruction of Mountain Pine Beetle Outbreaks from 1999-2015 across the Northern Region" (PDF). Fs.usda.gov. decembro de 2019. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Erbilgin, Nadir; Ma, Cary; Whitehouse, Caroline; Shan, Bin; Najar, Ahmed; Evenden, Maya (30 de outubro de 2013). "Chemical similarity between historical and novel host plants promotes range and host expansion of the mountain pine beetle in a naïve host ecosystem". New Phytologist 201 (3): 940–50. PMID 24400902. doi:10.1111/nph.12573.
- ↑ Bentz, Barbara J.; Hansen, E. Matthew; Vandygriff, James C.; Stephens, S. Sky; Soderberg, David (2021). "Rocky Mountain bristlecone pine (Pinus aristata) is a confirmed host to mountain pine beetle (Dendroctonus ponderosae)". Western North American Naturalist (en inglés) 81. doi:10.3398/064.081.0102. Consultado o 9 de setembro de 2022.
- ↑ Bentz, Barbara J.; Millar, Constance I.; Vandygriff, James C.; Hansen, Earl M. (1 de abril de 2022). "Great Basin bristlecone pine mortality: Causal factors and management implications". Forest Ecology and Management 509: 120099. doi:10.1016/j.foreco.2022.120099.
- ↑ 7,0 7,1 "The mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae, is a small insect, less than a centimetre long, which lives most of its life under the bark of pine trees, including lodgepole, ponderosa and western white pine.". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2010. Consultado o 2022-03-23.
- ↑ Petit, Charles (2007-01-30). "In the Rockies, Pines Die and Bears Feel It". The New York Times. Consultado o 2009-02-09.
- ↑ Kurz, WA; Dymond, CC; Stinson, G; et al. (2008-04-24). "Mountain pine beetle and forest carbon feedback to climate change". Nature 452 (7190): 987–990. Bibcode:2008Natur.452..987K. PMID 18432244. doi:10.1038/nature06777.
- ↑ Keeling, Christopher I.; Henderson, Hannah; Li, Maria; Yuen, Mack; Clark, Erin L.; Fraser, Jordie D.; Huber, Dezene P.W.; Liao, Nancy Y.; Roderick Docking, T.; Birol, Inanc; Chan, Simon K.; Taylor, Greg A.; Palmquist, Diana; Jones, Steven J.M.; Bohlmann, Joerg (2012-08-31). "Transcriptome and full-length cDNA resources for the mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae Hopkins, a major insect pest of pine forests". Insect Biochemistry and Molecular Biology 42 (8): 525–36. PMID 22516182. doi:10.1016/j.ibmb.2012.03.010.
- ↑ Keeling, Christopher I; Yuen, Macaire MS; Liao, Nancy Y; Roderick Docking, T; Chan, Simon K; Taylor, Greg A; Palmquist, Diana L; Jackman, Shaun D; Nguyen, Anh; Li, Maria; Henderson, Hannah; Janes, Jasmine K; Zhao, Yongjun; Pandoh, Pawan; Moore, Richard; Sperling, Felix AH; W Huber, Dezene P; Birol, Inanc; Jones, Steven JM; Bohlmann, Joerg (2013). "Draft genome of the mountain pine beetle, Dendroctonus ponderosae Hopkins, a major forest pest". Genome Biology 14 (3): R27. PMC 4053930. PMID 23537049. doi:10.1186/gb-2013-14-3-r27.
- ↑ "Mountain Pine Beetle". Ext.colostate.edu. 2014-01-08. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2001. Consultado o 2014-02-14.
- ↑ "US Forest Service Forest Insect and Disease Leaflet Mountain Pine Beetle" (PDF). Fs.fed.us. Consultado o 2014-02-14.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Mountain pine beetle |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dendroctonus ponderosae |
- Death and Rebirth, Mountain Pine Beetle, Pesticides, Carcinogens, Cancer -David Chernoff, Manual For Living
- The Falldown Documentary- A look at the devastating impact of the beetle on British Columbia and Canada's Economy Arquivado 19 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Trees targeted by beetle Arquivado 10 de marzo de 2001 en Wayback Machine.
- Canada's Forests Beetle Attack - The Economist
- British Columbia Ministry of Forests and Range Library - Bibliography of Mountain Pine Beetle Publications
- British Columbia Forestry Ministry - Mountain Pine Beetle Action Plan, information and FAQ
- British Columbia Ministry of the Environment Mountain Pine Beetle FAQ
- Canadian Forest Service (CFS) Graph and Table showing Mountain Pine Beetle data
- The TRIA Project: Mountain Pine Beetle System Genomics
- Natural predators of the pine beetle kill for reclamation and energy needs