Serra Nevada, Estados Unidos de América

A Serra Nevada[Cómpre referencia] é unha cordilleira montañosa situada no estado de California, Estados Unidos de América, aínda que nalgúns lugares linda co estado de Nevada. O nome deste conxunto de montañas débese á descrición feita polo sacerdote español Pedro Font en abril do ano 1776.

Serra Nevada
Foto aérea de Serra Nevada
Mapa orográfico da cordilleira.
Localización
Continente/sAmérica
País/esEstados Unidos de América Estados Unidos
RexiónNorteamérica
Provincia/sCalifornia
Coordenadas66°34′43″N 118°17′31″O / 66.57861, -118.29194
Datos
Principais cumesMonte Whitney
Cota4.421 m msnm
Superficie63.100 km2
Lonxitude640 km
Ancho105 km

Esta serra ten uns 640 km de norte a sur e uns 110 de leste a oeste. Está localizada entre o Val Central de California e a Gran Cunca e pertence á gran Cordilleira Americana, que se estende dende Norteamérica até a Antártida pasando por Centroamérica e Suramérica. Os lugares máis importantes da cordilleira son o lago Tahoe que é o lago alpino máis grande de Norteamérica, o monte Whitney de 4421 m de altura que é o punto máis alto da serra e o Parque Nacional de Yosemite.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar