Río Lóuzara
O Lóuzara, é un río da provincia de Lugo, afluente do río Lor e este á súa vez do río Sil. Dálle nome ao Val de Lóuzara ou Terras de Lóuzara, no concello de Samos. Ten aproximadamente 29 km de lonxitude.
Tipo | río curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
Localización | Pedrafita do Cebreiro | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
Localización | Lor | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 29 () km | |||
Percorrido
editarNace da confluencia de varios regos que baixan da Serra do Rañadoiro, no concello de Pedrafita do Cebreiro, entre eles o río Louzarela. No seu tramo inicial fai de límite entre os concellos de Folgoso do Courel e o de Samos para logo internarse neste último, polo cal discorre a maior parte do seu percorrido, recibindo varios regos que descenden da Serra do Oribio e dos Montes de Lóuzara. Únese ao río Lor no concello do Folgoso do Courel a uns 430 m de altitude, preto da aldea do Touzón.
Explotación
editarAntigamente funcionaban varios muíños, e ferrerías como a de Gundriz ou a de Santalla de Lóuzara, e algún mazo.
Galería de imaxes
editar-
O val de Lóuzara con néboa, Samos.