Abrir o menú principal
Devesa da Rogueira.

A devesa da Rogueira é un arboredo galego de grande interese medioambiental, localizada no concello de Folgoso do Courel, na serra do Courel. Está recoñecido como sitio natural de interese turístico.

CaracterísticasEditar

Ten unha extensión aproximada de 30 km², con notable riqueza de fauna e flora, con algunhas especies endémicas no norte peninsular coma o tritón ibérico ou a ra patilonga. Así mesmo, as fragas son refuxio de corzos, garduñas, gatos monteses ou leiróns.

Na parte baixa conta cunha vexetación mediterránea. De igual maneira, é posible atopar freixos, faias, teixos, acivros, capudres e bidueiros. Tamén forman parte da devesa a Cova do Vello -con augas subterráneas- e as grutas do Oso, consideradas un habitáculo rupestre. En canto á minaría, foi unha fonte importante de chumbo, cobre, ferro e antimonio, se ben no século XXI só mantén a explotación da lousa.

Ten algúns cursos fluviais e pequenas lagoas glaciares como a de Lucenza.

Véxase taménEditar