Dolores Castro Ochoa

política galega

Dolores Castro Ochoa, nada en Moreda (Seoane do Courel) o 5 de maio de 1977, é unha política galega do PPdeG.

Dolores Castro Ochoa
Nome completoDolores Castro Ochoa
Nacemento5 de maio de 1977
Lugar de nacementoFolgoso do Courel
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militante de Novas Xeracións. É secretaria de dirección. Durante oito anos residiu en Barcelona, de onde regresou en 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Folgoso do Courel. O 24 de outubro de 2009 foi elixida alcaldesa ao prosperar a moción de censura contra o alcalde José López Fontal co apoio do concelleiro tránsfuga socialista Manuel Bouza.[1] Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta, e repetiu a maioría absoluta nas municipais de 2015 e 2019.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
José López Fontal
  
Alcaldesa de Folgoso do Courel
 
2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo