O Ankh (en inglés: Ankh, en alemán: Anch, en francés: Ânkh; pronunciado en todos estes idiomas con consoante aspirada final) é un xeroglífico exipcio que significa "vida", un símbolo moi utilizado na iconografía relixiosa desta cultura.

Crux ansata, en latín (cruz con asa). Coñecida tamén como a "chave da vida" ou a "cruz exipcia"
Ankh
en xeroglífico
S34n
Aa1
 
ou
 
S34
[1]

Tamén se denomina cruz ansada: cruz coa parte superior en forma de óvalo, lazo, á, crux ansata en latín, a "chave da vida" ou a "cruz exipcia".

Simboloxía exipcia editar

De se relacionar cos deuses (necher en antigo exipcio) representa a súa inmortalidade, a súa inmanencia, afirmando así a súa condición de eternos; en cambio, relacionado cos homes, significa a procura da inmortalidade, razón pola cal é utilizada para describir a vida en contraste coa morte, ou ben coa idea de vida logo da morte, entendida como inmortalidade, ao principio só do faraón e, séculos despois, de todos os exipcios, ao evolucionar as súas crenzas.

Moitas veces relacionouse a figura do ankh coa deusa Isis e co seu esposo Osiris, xa que este último foi asasinado polo seu irmán. A súa esposa, consecuentemente, resucitouno usando a maxia.

Outra hipótese presupón que a "T" da parte inferior do "ankh" representaría, estilizados, os atributos sexuais masculinos, mentres que a asa representaría o útero ou a pube da muller, como reconciliación dos opostos;[2] podería simbolizar a reprodución e a unión sexual. Hathor, a deusa da alegría de vivir e da morte, daba vida con ela. En moitos aspectos correspóndese coas deusas Inanna, Ishtar, Astarté, Afrodita e Venus.[3]

Varios faraóns incluíron este xeroglífico na súa titulatura, como o soado Tutankhamón (Tut-ankh-Amón) "Imaxe vivente de Amón".

Orixe da figura editar

 
Xeroglífico de anel con selo

Segundo a evolución da escritura xeroglífica exipcia, é probable que o "ankh" derivase, ou estivese relacionado, co signo xeroglífico do anel con selo. No antigo Exipto o xeroglífico do selo, posible precedente dos cartuchos, utilizouse para enmarcar e "protexer" o nome dos faraóns, ao encerrar os signos do seu nome dentro del. Doutra banda, pódese comparar o 'ankh' cun plantador (de aí o significado de "vida"). O asa recibe o nome de asideiro, a liña que se observa baixo este, é en realidade un círculo que actuaba como tope coa terra e a parte baixa do plantador é o cartucho onde ía a semente para plantala.

Outras hipóteses editar

 
Pesa co símbolo de Tanit

Unha hipótese máis, que non é excluínte da anterior, supón que a "T" da parte inferior do "ankh" representa, moi estilizadas, as liñas en cruz que forman as dúas pernas xuntas e a pube da muller, mentres que o asa representaría ao útero (é curiosa a semellanza entre o signo do "ankh" e o signo de muller; véxase máis adiante: o "espello de Venus"), a esta representación denomínase "chave da vida".

Outra posible orixe do símbolo sería practicamente o mesmo que o neocananeo (cartaxinés) para Tanit; en efecto, moitas veces o símbolo da principal deusa cartaxinesa é moi similar ao do "ankh". No caso da orixe do símbolo que representa a Tanit, este parece representar sinteticamente a deidade feminina vestida cos brazos abertos ("en cruz"), sendo o círculo sobre a "T" unha estilización da súa cabeza. En tal caso, se a xénese do "ankh" fose semellante á do símbolo de Tanit, o "ankh" representaría orixinalmente algunha gran deusa exipcia (Isis ou Hathor por exemplo).

Evolución do uso e a forma do "ankh" editar

 
Busto copto con "cruz con asa"

Desde o século II d. C, coa difusión do cristianismo no Val do Nilo, producíronse sincretismos: un deles foi a adopción por parte dos cristiáns exipcios (despois chamados coptos) do símbolo "ankh" como unha modalidade de cruz cristiá.

As misións de monxes cristiáns que a partir do século III partiron desde Exipto difundiron, moi probablemente, o antigo símbolo cara a lugares distantes. Orixinouse así a cruz irlandesa por unha banda, e a cruz armenia pola outra, ambas as dúas cun círculo no centro.

Símbolos similares editar

 
Símbolo feminino, de Venus e o cobre

No primeiro milenio a. C. aparece representado un símbolo que garda semellanza: o neocananeo (cartaxinés) para Tanit; moitas veces o símbolo da principal deusa cartaxinesa é moi similar ao do ankh. No caso da orixe do símbolo de Tanit, este parece representar, esquematicamente, á deidade feminina vestida cos brazos abertos "en cruz", sendo o círculo sobre a "T" unha estilización da súa cabeza. Un signo moi similar, co lazo enchido, atopouse no Perú sendo utilizado na cultura mochica.[4] Un símbolo similar (♀) utilizábase para representar á deusa romana Venus. Este símbolo, chamado "espello de Venus", parece estar máis relacionado co útero.

En astroloxía o mesmo símbolo emprégase para representar o planeta Venus, en bioloxía para facer referencia ao sexo feminino, e en alquimia para o cobre.

Filmografía, literatura e xogos editar

O ankh relacionouse coas criaturas inmortais por excelencia, os vampiros, tanto na literatura como na cinematografía, en animes ou en xogos de rol. Utilízase no libro e a película homónima de ciencia ficción "Foxe do Século 23" ou "A Fuga de Logan" (Logan's Run), de 1976, onde representa a entrada ao santuario, un lugar onde as persoas poden vivir sen ter que morrer aos trinta anos de idade no carrusel. Aparece tamén na saga de xogos Ultima como icona dunha das oito virtudes de Britannia (a espiritualidade), ademais de ser o símbolo do Avatar.

Así mesmo, no popular cómic de Neil Gaiman, The Sandman, o Ankh, é o símbolo usado pola irmá de Soño, "Death", unha personificación feminina da morte.

Notas editar

  1. Collier, Mark and Manley, Bill. How to Read Egyptian Hieroglyphs: Revised Edition pg 23. Berkeley: University of California Press, 1998.
  2. Jean Chevalier e Alain Gheerbrant, Dicionario de símbolos, 1994.
  3. Carl G. Liungman, Dicionario de símbolos, 1991.
  4. Ibídem.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar