Pierre Bayle
Pierre Bayle, nado en 1647 e finado en 1706, foi un escritor e filósofo francés.
Pierre Bayle | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de novembro de 1647 e 1647 |
Lugar de nacemento | Carla-Bayle |
Falecemento | 28 de decembro de 1706 e 1706 |
Lugar de falecemento | Rotterdam |
Causa | tuberculose |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Calvinismo |
Ocupación | filósofo, escritor, catedrático, xornalista, crítico literario, teólogo, historiador e lexicógrafo |
Pai | Jean Bayle |
Coñecido por | Dictionnaire Historique et Critique |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Carla-le-Comte, preto de Pamiers (Ariège), educouno o seu pai, ministro calvinista, e logo estudou en Puylaurens e en 1669 entrou na Universidade xesuíta de Tolosa, convertido ao catolicismo, dezasete meses despois volveu ao protestantismo e fuxiu a Xenebra, para evitar a persecución debida á revogación do Edicto de Nantes por Luís XIV, alí entrou en contacto coa obra de René Descartes.
Durante anos foi titor de varias familias parisienses baixo o nome de Bèle ata que en 1675 foi nomeado profesor de filosofía na Universidade protestante de Sedan ata que en 1681 quedou suprimida. Nomeado profesor de filosofía e historia na Ecole Illustre en Rotterdam, alí publicou en 1682 Pensées diverses sur la comète de 1680 e a súa crítica do traballo de Louis Maimbourg sobre a historia do calvinismo, que lle deu unha gran reputación en medios calvinistas.
En 1684 comezou a publicación de Nouvelles de la république des lettres, unha gaceta de crítica literaria, que constituíu o primeiro intento de popularizar a literatura. O seu Dictionnaire historique et critique constituíu un precedente de L'Encyclopédie.