Jean Le Rond d'Alembert

filósofo francés

Jean Le Rond d'Alembert, nado en París en 1717 e finado en París en 1783, foi un matemático e filósofo francés, célebre por ser un dos editores da Encyclopédie con Denis Diderot.

Jean Le Rond d'Alembert
Jean Le Rond d'Alembert, by French school.jpg
Nacemento16 de novembro de 1717
Lugar de nacementoParís
Falecemento29 de outubro de 1783
Lugar de falecementoParís
SoterradoCatacumbas de París
NacionalidadeFrancia e Reino de Francia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de París e Collège des Quatre-Nations
Ocupaciónfilósofo, matemático, físico, musicólogo, tradutor, escritor, teórico da música, Enciclopedistas, enxeñeiro, astrónomo, lexicógrafo e Intelectual
PaiLouis-Camus Destouches, Philippe Néricault Destouches e Leopold Filips van Arenberg
NaiClaudine Guérin de Tencin
Coñecido porParadoxo de D'Alembert, Operador de d'Alembert e Encyclopédie
Premiosmembro da Royal Society e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Signature D'Alembert.svg
editar datos en Wikidata ]
Retrato d'Alembert por Quentin de la Tour

TraxectoriaEditar

Fillo ilexítimo da escritora Claudine Guérin de Tencin e dun oficial de artillería, uns días máis tarde do seu nacemento foi abandonado pola súa nai na Igrexa de Saint-Jean-le-Rond de París.
En 1729 entra no colexio xansenista de Quatre-Nations, no que se graduou no ano 1735, pasando á escola de leis, e en 1738 foi nomeado avogado.
En 1739, presenta o seu primeiro traballo matemático sobre os erros atopados en L'analyse démontrée (1708) de Charles René Reynaud, ata entón considerado estándar. En 1740 escribe Mémoire sur la refraction des corps solides, no que explica a teoría da refracción, tamén escribe sobre o que agora se chama Paradoxo D'Alembert: no que demostra que non existe resistencia ao movemento dun corpo cando este se move a través dun fluído ideal (non viscoso).

En Traité de dynamique, enuncia o Teorema de d'Alembert ou Teorema Fundamental da Álxebra que di que toda ecuación, do grao que sexa, sempre ten (cando menos) unha solución, ben sexa un número real ou un número complexo.
En 1746 Diderot convénceo para participar na redacción dunha enciclopedia onde se recollese todo o saber da época, D'Alembert escribe o Discours préliminaire e a meirande parte dos artigos de matemáticas e ciencias. En 1751 aparece o primeiro tomo. En 1757 D'Alembert arrédase do proxecto.

ObrasEditar

  • Mémoire sur le calcul intégral (1739)
  • Traité de dynamique (1743)
  • Traité de l'équilibre et du mouvement des fluides (1744)
  • Réflexions sur la cause générale des vents (1746),
  • Recherches sur les cordes vibrantes (1747),
  • Recherches sur la précession des équinoxes et sur la nutation de l'axe de la terre (1749),
  • Éléments de musique (1752),
  • Mélanges de littérature et de philosophie (2 tomos 1753, 5 tomos 1759-1767),
  • Essai sur les éléments de philosophie (1759)
  • Opuscules mathématiques (8 tomos 1761-1780).