Pierre Simon Laplace


Pierre-Simon Laplace, nado en Beaumont-en-Auge (Normandía) o 28 de marzo de 1749 e finado París o 5 de marzo de 1827, foi un astrónomo, físico e matemático francés. Está considerado un dos grandes científicos do seu tempo, que formulou de maneira moi firme e influente a imaxe dun mundo completamente determinista.

Infotaula de personaPierre Simon Laplace
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1749
Beaumont-en-Auge (Normandía)
Morte5 de marzo de 1827 (77 anos)
París
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse 48°50′16″N 2°19′42″L / 48.83778, 2.32839 Editar o valor em Wikidata
10º Cadeira 8 da Academia Francesa (pt) Traducir
11 de abril de 1816 – 5 de marzo de 1827
← Michel Regnaud de Saint-Jean d'Angély (pt) TraducirPierre-Paul Royer-Collard (pt) Traducir →
Pair of France (en) Traducir
4 de xuño de 1814 – 5 de marzo de 1827
114º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1812 – 31 de decembro de 1812
← Bernard-Germain de LacépèdeJean Noël Hallé (pt) Traducir →
Member of the Sénat conservateur (en) Traducir
24 de decembro de 1799 – abril de 1814
Minister of the Interior of France (en) Traducir
12 de novembro de 1799 – 25 de decembro de 1799
92º Presidente Academia francesa das ciencias

← Joseph-Louis LagrangeJean-Charles de Borda (pt) Traducir →
Presidente Sociedade de Geografia de Paris (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBaixa Normandía
Arcueil Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Caen (pt) Traducir
Collège du Bois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseJean Le Rond D'Alembert Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMecánica celeste, Teoría da probabilidade, análise matemática, matemáticas, mecánica e astronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario , físico teórico , estatístico , filósofo , físico , político , astrónomo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole normale (en) Traducir
Bureau des Longitudes (pt) Traducir
Instituto de Francia Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresChristophe Gadbled (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoSiméon Denis Poisson e Mikhail Ostrogradski (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarqués (1817–)
Conde (1808–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMarie-Charlotte de Courty de Romanges
FillosSophie Suzanne
Charles Émile de Laplace
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Laplace-144 Find a Grave: 38399658 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Nado nunha familia de granxeiros da baixa Normandía, marchou estudar na Universidade de Caen onde foi recomendado a D'Alembert, quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escola Militar de París en 1767, onde tivo entre os seus discípulos a Napoleón. En 1785 foi nomeado membro da Academia de Ciencias e en 1795, membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en 1812. En 1788, casou coa xove Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de Besançon e 20 anos máis nova ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en 1789 e que alcanzaría o grao de xeneral.

En 1799 foi nomeado ministro do interior durante o Consulado, aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno Napoléon I conferiulle en 1805 a lexión de honra e en 1806 o título de conde do Imperio. . En 1816 foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala restauración dos Borbóns foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en 1817.[1]

Obra editar

En 1795, Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa Mecánica celeste e en 1796 imprimiu a súa Exposition du système du monde, onde revela a súa hipótese nebular sobre a formación do sistema solar a partir dunha nebulosa ou remuíño de po e gas. Aínda que con moito maior detalle e múltiples refinamentos, esta "Hipótese nebular" permanece nos nosos días como o fundamento básico de toda a teoría da formación estelar.

Atento aos descubrimentos de nebulosas realizados por William Herschel en Inglaterra, Laplace pensou que o colapso gravitatorio dunha nebulosa podería ter dado orixe á formación do Sol e que o material que orbitaba arredor do Sol podería condensarse para formar unha familia de planetas. Esta teoría explicaba de maneira natural que todos os planetas orbiten arredor do Sol no mesmo sentido (de oeste a leste) e que as súas órbitas estean nun mesmo plano. Herschel concordou con esta idea e xeneralizouna para explicar a formación e evolución de todas as estrelas e de sistemas estelares.

A súa obra máis importante, Traité de mécanique céleste (Tratado de mecánica celeste, 1799-1825, 5 vols.), é un compendio de toda a astronomía da súa época, enfocada de modo totalmente analítico, e onde perfeccionaba o modelo de Newton, que tiña algúns fenómenos pendentes de explicar, en particular algúns movementos anómalos que seguían sen solución: Xúpiter estaba sometido a unha aceleración aparente mentres que Saturno parecía frearse pouco a pouco e a Lúa tamén mostraba un movemento acelerado. Se estes movementos continuaban indefinidamente, Saturno caería sobre o Sol, Xúpiter escaparía do sistema solar e a Lúa caería sobre a Terra. Con tan só 23 anos de idade, Laplace demostrou que a aceleración de Xúpiter e o freado de Saturno eran movementos periódicos. Os longuísimos períodos (arredor de mil anos) fixeran crer ata entón que estas variacións eran continuas e indefinidas ('seculares'); en 1785 demostrou que tales anomalías se debían á posición relativa de Xúpiter e Saturno respecto do Sol. Todo iso necesitou dunha cantidade enorme de cálculos moi detallados. En 1787 Laplace demostrou que o movemento anómalo da Lúa tamén era oscilatorio e que estaba ocasionado por pequenos efectos (de 'segunda orde') no sistema triplo Sol-Terra-Lúa. As variacións eran periódicas e, polo tanto, o sistema solar debía ser autorregulado, o que completaba a demostración da estabilidade do sistema solar enteiro.

Entre 1784 a 1787, Laplace produciu varias memorias que contiñan resultados excepcionais. Entre eles determinou completamente a atracción dun esferoide sobre unha partícula externa a el. Isto é notable pola introdución en análise matemática dos esféricos harmónicos ou coeficientes de Laplace. Demostrou tamén que o potencial, idea utilizada anteriormente por Lagrange, satisfai unha ecuación diferencial que agora é chamada ecuación de Laplace e que aparece en moitos campos da física matemática. Nas solucións desta e outras ecuacións aparece o chamado operador laplaciano.

En 1812 publicou a súa Teoría analítica das probabilidades e en 1814 o seu Ensaio filosófico sobre a probabilidade sentou as bases científicas da teoría matemática de probabilidades. Entre outros logros, formulou Laplace por primeira vez o teorema central do límite e deu unha demostración formal do método dos mínimos cadrados, fundamental para a teoría de erros, que tiña sido exposto empiricamente por Gauss. Laplace creou unha curiosa fórmula para expresar a probabilidade de que o Sol saíra polo horizonte. El dicía que a probabilidade era de  , onde d é o número de días que o sol saíu no pasado. Laplace dicía que esta fórmula, que era coñecida como a regra de sucesión, podía aplicarse en todos os casos onde non sabemos nada, ou onde o que coñeciamos foi cambiado polo que non. Aínda é usada como un estimador da probabilidade dun evento, se sabemos o lugar do evento, pero só temos moi poucas mostras del.

Convicións filosóficas editar

Laplace cría fortemente no determinismo causal, tal como pode apreciarse na seguinte cita:

Podemos mirar o estado presente do universo como o efecto do pasado e a causa do seu futuro. Poderíase concibir un intelecto que en calquera momento dado coñecese todas as forzas que animan a natureza e as posicións dos seres que a compoñen; se este intelecto fose o suficientemente amplo como para someter os datos a análise, podería condensar nunha sinxela fórmula o movemento dos grandes corpos do universo e do átomo máis lixeiro; para tal intelecto nada podería ser incerto e o futuro, así como o pasado, estarían fronte aos seus ollos.

Este intelecto hipotético capaz de coñecer o devenir de todo o que existe tense coñecido como o demo de Laplace (cf. demo de Maxwell). Os descubrimentos da ciencia moderna, especialmente a física cuántica e o principio de incerteza e a teoría do caos semellan probar que a existencia de tal intelecto é imposible.

Napoleón, referíndose a súa obra Exposition du système du monde, comentoulle a Laplace: «Contanme que escribiu vostede ese gran libro sobre o sistema do universo sen mencionar nunca ao seu creador», e Laplace contestou: «Sire, nunca necesitei esa hipótese».

Laplace é recordado como un dos máximos científicos de todos os tempos, ás veces referido como o Newton de Francia, cunhas fenomenais facultades matemáticas non posuídas por ningún dos seus contemporáneos.[2]

Notas editar