Azorín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, nado en Monòver o 8 de xuño de 1873 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1967, foi un escritor español, máis coñecido polo seu pseudónimo de Azorín. Ademais de novelista e ensaísta, foi o crítico literario español máis importante do seu tempo. En 1945 nomeóuselle membro de honra da Real Academia Galega.[1]
Azorín | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Azorín e Cándido |
Nacemento | 8 de xuño de 1873, 11 de xuño de 1874 e 1873 |
Lugar de nacemento | Elx |
Falecemento | 3 de marzo de 1967, 4 de marzo de 1967 e 1967 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Centre educatiu privat Escola Pia Sant Antoni e Universidade de Salamanca |
Ocupación | novelista, escritor, xornalista, crítico literario, escritor de non ficción, dramaturgo e político |
Cónxuxe | Julia Guinda Urzanqui |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, fillo adoptivo de Alacant e Gran Cruz de Afonso X o Sabio |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Obra Editar
A súa produción literaria divídese fundamentalmente en dous grandes apartados: ensaio e novela. Tamén escribiu algunhas obras teatrais, experimentais e de escaso éxito.
A produción literaria de Azorín ten tamén un grande valor estilístico. A súa forma de escribir, moi peculiar, caracterízase polo impresionismo descritivo, polo uso dunha frase curta e de sintaxe simple, polo emprego dun léxico castizo e polas series de dous adxectivos unidos por unha coma. Entre as súas técnicas literarias máis innovadoras está o uso, ao xeito de Virginia Woolf, de personaxes que viven ao mesmo tempo en varias épocas da historia, como Don Xoán ou Inés, fundindo á vez mito e eterno retorno.
Novela Editar
As novelas de Azorín pódense dividir en catro etapas:
A primeira etapa mostra predominio dos elementos autobiográficos e de impresións suscitadas pola paisaxe. O protagonista é Antonio Azorín (do cal tomará o seu pseudónimo), personaxe de ficción que se converte na conciencia do seu creador. Estas novelas son un pretexto para desenvolver as experiencias vitais e culturais do autor. A ela pertencen La voluntad (1902), Antonio Azorín (1903) e Las confesiones de un pequeño filósofo (1904).
Na segunda etapa, Azorín abandona os elementos autobiográficos, se ben continúa reflectindo as súas propias inquietudes nos personaxes: a fatalidade, a obsesión polo tempo, o destino etc. Unha mostra diso é Doña Inés (1925). A esta mesma etapa pertence Don Juan (1922), baseada na conversión cristiá do mito.
Á terceira etapa pertencen Félix Vargas (1928), Superrealismo (1929) e Pueblo (1939), marcadas polo vangardismo e polo drama persoal e cosmolóxico inspirado no grande poeta austroalemán Rainer Maria Rilke.
Na cuarta etapa, tras un período de relativo silencio profundamente marcado pola contenda civil, Azorín volve á narrativa con El escritor (1941), a novela rosa María Fontán (1943) e La isla sin aurora (1944).
Notas Editar
- ↑ Filgueira Valverde, X. (1970). "Galicia en Azorín". Boletín da Real Academia Galega (352): 441–453.