Qué!
Fundación 2005
Xénero Información xeral
País España
Idioma Castelán
Periodicidade Diaria (de luns a venres)
Publicación Matutina
Tirada 978.786 exemplares (2005)
Prezo unitario Gratuíto
Empresa editora Multiprensa y M@s
Director Pedro Biurrun (2009)

Qué! é un xornal de información xeral e distribución gratuíta, pertencente a Vocento, editado por Factoría de Información. Lanzouse en 2005 e en só dous anos logrou converterse no segundo diario gratuíto máis lido (por diante do diario ADN e do desaparecido diario Metro) e chegar ao 26% da cota de mercado publicitario. Conta con 120 persoas en persoal e, ademais, é o máis valorado segundo un informe publicado por Ipsos Media, "Exprimiendo la prensa gratuita". O 1 de agosto de 2007 entrou a formar parte de Vocento, que reforzou a súa posición en prensa escrita en España.

Ten edicións locais en Asturias, Barcelona, Bilbao, Castelló, Huesca, Logroño, Madrid, Málaga, Sevilla e Valencia e Zaragoza.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar