Castro de Centroña

poboado fortificado en Centroña, Pontedeume

Castro de Centroña ou Os Castros é un poboado castrexo situado no lugar de Castrelo, en Centroña (Pontedeume), no cumio dun monte de escasa altura.

Castro de Centroña

Tipocastro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°24′06″N 8°11′42″O / 43.40153, -8.19498
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloPontedeume
ParroquiaCentroña Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie0,9
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA15048001
Wikidata ]

Tamén é coñecido como Perbes ou Castrelo.[1]

Consta dun recinto principal de forma elíptica, amurallado e rodeado á súa vez por un antecastro no lado norte e oeste. Circúndano, na súa totalidade, un importante sistema de socalcos. As medidas do eixe principal son de 110 metros e no eixe menor 90 metros.

En 1912 atopouse un torque de ouro que se conserva no Museo Provincial de Lugo. O historiador e xeógrafo Pomponio Mela no ano 44 identifica este castro coa cidade ártabra de Ardóbrica[2].

  1. Pin, Irene (17 de abril de 2020). "O Castro de Centroña, un "perfecto descoñecido"". Nós Diario. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  2. Castro de Centroña ou de Castrelo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar