Luís Iglesias Iglesias
Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Pontevedra o 29 de decembro de 1976,[1] foi un científico galego.
![]() retrato en Vida Gallega, 1934. ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1895 ![]() Teis, España ![]() |
Morte | 29 de decembro de 1976 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Tese académica | Enumeración de los curculiónidos de la Península Ibérica e Islas Baleares |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Ocupación | científico, profesor universitario ![]() |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1947–1976) Real Academia Galega (membro correspondente) (1941–1947) ![]() |
Familia | |
Parentes | Eduardo Iglesias Añino, tío ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo do médico Xosé Iglesias Añino e sobriño de Eduardo Iglesias Añino. Estudou bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Enumeración de los curculiónidos de la Península Ibérica e Islas Baleares en 1918. Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade. En 1947 ingresou na Real Academia Galega co discurso Las especies del género Carabus en Galicia. Tamén colaborou na Historia de Galiza de Ramón Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.
Galardóns e homenaxes
editarO Museo de Historia natural[2] da USC leva o seu nome e, no ano 2014, a Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o Día do Científico Galego.
Obras (selección)
editar- Algunas especies nuevas o poco conocidas para la fama ornitológica de Galicia.
- Reconocimiento de tejidos vegetales por reactivos microquímicos.
- Los prados de las regiones media y montaña de Galicia.
- Descripción de tres yacimientos gallegos de evansita.
- La lucha antiacrídica.
- Fauna de Galicia I.
- Cerambícidos de Galicia II.
- Variabilidad por fluctuación de las manchas elitrales de "Crioceris asparagi".
- Biología de los parásitos del hombre.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Torre Enciso, Uxío (1980). "Don Luis Iglesias Iglesias". Boletín da Real Academia Galega (360): 506–509.
- ↑ Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" » Historia
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Iglesias Iglesias |
Bibliografía
editar- Bermejo Patiño, Manuel R. (2014). "Luís Iglesias Iglesias, un científico galego con sentido social da ciencia". A Trabe de Ouro (100): 75–88. ISSN 1130-2674.
- Bermejo Patiño, Manuel R. (2014). "Luis Iglesias Iglesias: Na memoria". Revista Real Academia Galega de Ciencias (33): 131–156. ISSN 1135-5417.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 242.
- Llecha Ferrer, Alfredo (2005). "Iglesias Iglesias, Luis". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar- "Luís Iglesias Iglesias". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. "Luís Iglesias Iglesias". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Luis Iglesias en galegos.info
Predecesor: Ricardo Montequi Díaz de Plaza |
Reitor da Univ. de Santiago 1936 |
Sucesor: Felipe Gil Casares |