Praia do Matadoiro

praia urbana da Coruña

A praia do Matadoiro, antigamente chamada Berbiriana ou Birbiriana[1][2], é unha pequena praia urbana da Coruña situada ó norte da praia do Orzán. Dispón de aseos, duchas, aparcadoiro, servizo de vixilancia, socorrismo e primeiros auxilios.

Praia do Matadoiro
Praia do Matadoiro.
Posto de primeiros auxilios
Características xerais
LocalizaciónA Coruña
Lonxitude80 m
Grao de ocupaciónAlta
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimo
Características específicas
Condicións do baño
Aspectos medioambientais
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoPeonil
Sinalización do acceso

É habitual a práctica do surf, bodyboard e longboard cando as condicións meteorolóxicas son as adecuadas, marea baixa e vento do suroeste ou nordés. Celébrase un campionato anual de longboard, o Matadero Longboard Festival, de participación nacional e internacional.

Nesta praia está prohibida a entrada de animais.

Galería de imaxes

editar
  1. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Birbiriana". Dicionario de dicionarios. 
  2. "Castillos de arena en la playa “Berbiriana”". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2009.  (en castelán)

Véxase tamén

editar