Luciano Yordi de Carricarte
Luciano Yordi de Carricarte, nado na Coruña o 2 de abril 1917[1] e finado na mesma cidade o 28 de marzo de 1978, foi un enxeñeiro galego, deseñador de moitos dos encoros construídos en Galiza.
Luciano Yordi de Carricarte | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1917 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 28 de marzo de 1978 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario e enxeñeiro de camiños |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do enxeñeiro Luciano Yordi Menchaca e de Josefina de Carricarte. Estudou no instituto Eusebio da Guarda da Coruña e realizou a carreira de enxeñeiro de Camiños en Madrid. Traballou primeiramente para a Sociedad General Gallega de Electricidad, para a que deseñou o encoro do río Tambre en 1949. En 1955 a empresa para a que traballaba foi mercada por Fenosa da que chegaría a ser o subdirector en 1962. Traballando para Pedro Barrié de la Maza deseñou os encoros do Eume (1959), Belesar (1963), Velle, Castrelo de Miño (1969), Frieira, Albarellos, Salas e Regueiro. O encoro de Belesar ten unha altura 137,5 metros e foi unha obra pioneira na construción, cun muro de bóveda de dobre curvatura de formigón. Na súa construción traballaron presos políticos[2][3].
Para a Deputación da Coruña dirixiu as obras dos encoros de Cecebre, Meicende e Rosadoiro (Arteixo). Tamén traballou no viaduto de Catoira, que une as provincias da Coruña e Pontevedra. Foi un dos promotores da construción da Refinaría de Repsol da Coruña e do Aeroporto de Alvedro[4]. Fundou a empresa Elaborados Metálicos (Emesa).
RecoñecementosEditar
- En 1962 o concello da Coruña concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito.
- Unha rúa da Coruña, en Matogrande, leva o seu nome.[5]
NotasEditar
- ↑ "Del Registro civil". El Ideal Gallego. 3 de abril de 1917. p. 3.
- ↑ Bugallal, Isabel (15 de setembro de 2013). "La curva de Chano Yordi". La Opinión da Coruña.
- ↑ auga e sonos (ed.). "A construcción do embalse". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ La Opinión da Coruña (ed.). "Calle Luciano Yordi de Carricarte". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ Recuerdo para el legado dejado por el ingeniero Luciano Yordi