Refinería da Coruña

empresa galega de refinado de petróleo


Refinería da Coruña é unha empresa galega de refinado de petróleo, inaugurada na Coruña o 11 de setembro de 1964. A planta está situada entre os núcleos coruñeses de Bens e Nostián, e a súa superficie ocupa terreos dos concellos de Arteixo e A Coruña. Actualmente é propiedade de Repsol, con sede en Madrid. Ten unha capacidade de refinado de 120.000 barrís/día e unha extensión dunhas 150 ha.

Repsol

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1964
MatrizRepsol
LocalizaciónBens, s/n
15008 A Coruña
Persoas claveLuis Llamas (director)
IndustriaPetróleo
ProdutosRefinado
Derivados do petróleo
Gas GLP
Número de empregados600 (en 2009)[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En 1961 o Ministerio de Industria autorizou a Marathon Oil Company (antiga The Ohio Oil Company) e á Compañía Ibérica de Petróleos, S.A. (PETROLIBER) a construción dunha refinaría de petróleo no norte de España. En 1962 decidiuse a súa construción na Coruña. A normativa de 1964 suxería unha distancia mínima de 2000 metros ao núcleo de poboación máis próximo. Ese terreo baleiro que separaba a refinaría da cidade da Coruña sería o futuro Polígono A Grela - Bens. En ampliacións sucesivas a refinaría chegou ata o concello de Arteixo.

Cruzando a cidade dende o porto ata a refinaría hai 14 tubos dun diámetro dende 15 cm ata 60 cm. Un oleoduto de 6,5 km que cruza toda a cidade para levar o petróleo dende o porto á refinaría e os produtos refinados dende a refinaría ata o porto[2].

Repsol ten en concesión a terminal petroleira no porto da Coruña ata 2027 e pendente fixar a data para o seu traslado a Punta Langosteira (Arteixo)[3].

O 12 de maio de 1976 o Urquiola encallou na agulla do baixo das Xacentes partindo en dous. O 3 de decembro de 1992 o buque Aegean Sea encallaba e ardía preto da Torre de Hércules.

En 2011 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a favor do concello de Arteixo na repartición do imposto de actividades económicas que paga Repsol[4]. A Coruña queda co 74,6% e Arteixo co 25,4% do imposto de actividades económicas.

É a primeira refinaría do mundo en obter a certificación enerxética ISO 50001[5].

O 10 de outubro de 2012 produciuse un incendio na refinaría sen danos persoais[6]. En 2018 obtivo certificación ISO 45001 por AENOR.[7]

Produtos

editar
  • Propileno.
  • Nafta.
  • Queroseno.
  • Gases GLP.
  • Gasolina e Gasóleo.

Coque Asfaltos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar