A Terraza (A Coruña)

A Terraza é un edificio situado nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

A Terraza
Edificio
LocalizaciónXardíns de Méndez Núñez
15001, A Coruña[1]
Coordenadas43°22′03″N 8°24′07″O / 43.3675, -8.4019444444444Coordenadas: 43°22′03″N 8°24′07″O / 43.3675, -8.4019444444444
A Terraza en Galicia
A Terraza
A Terraza
Localización da Terraza en Galicia.
Uso(s)Sede de RTVE
Remate1922
Dimensións
Plantas4
Equipo
Arquitecto(s)Antonio de Mesa, Pedro Mariño
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

En 1919 decidiuse ampliar o quiosco de madeira situado no lugar da Terraza. Con este motivo, Manuel Fernández Cando adquiriu a concesión. O proxecto inicial foi de Antonio de Mesa, modificado polo director de obras, Pedro Mariño.

O 21 de xaneiro de 1920 o concello devolveu os planos tras decidir que era preferible a construción dun edificio novo en lugar de reformar o xa existente, que foi trasladado a Sada o ano seguinte. O novo proxecto de Antonio de Mesa foi aprobado finalmente e a obra realizouse entre 1921 e 1922. A inauguración tivo lugar o 30 de xuño de 1922, cun concerto dun sexteto dirixido polo violinista Corvino.

Descrición editar

O edificio é de estilo ecléctico, realizado en cemento armado. Consta dun cadrado central con dúas ás. A ornamentación é abundante e o edificio está coroado con torres.[2]

Uso editar

Durante o Franquismo o edificio foi sede dos estudios de Radio Nacional (ata 1943)[3][4] e sede da delegación sindical de FET-JONS.[5]

Dende 1985 no edificio está a delegación de RTVE.[6] En 2022 foi escollida como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial [7]

Notas editar

  1. Televisión Española - TVE
  2. A Terraza en Turgalicia.
  3. Fernández, Carlos (2 de xullo de 2000). "Emilio Díaz, la voz amiga de Radio Nacional". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  4. "Historia de la radiodifusión en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  5. Sotelo Morales, David (1947). Nomenclátor – Guía (en castelán). Concello da Coruña. 
  6. "RTVE asume al fin la reforma "urgente" de La Terraza". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de abril de 2002. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  7. Diario, Nós (2022-12-05). "A Coruña, elixida sede da Axencia de Intelixencia Artificial". Nós Diario. Consultado o 2023-11-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (en castelán). Recortables de La Coruña. 
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. p. 120-121. ISBN 978-84-85665-09-9.