Antonio de Mesa
Antonio de Mesa y Álvarez, nado en Madrid o 30 de outubro de 1862 e finado na mesma cidade en 1939, foi un arquitecto español.
Antonio de Mesa | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1862 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 1939 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Era fillo do enxeñeiro dos ferrocarrís do Noroeste Pedro Antonio de Mesa Arroquia e de Amelia Álvarez Ruiz.
Estudou na Escola Superior de Arquitectura entre 1880 e 1887. En 1888 presentou un primeiro proxecto de fin de carreira que foi rexeitado, mais o ano seguinte conseguiu o título con “Proyecto de Bolsa”.
Foi arquitecto municipal da Coruña e arquitecto de Facenda e membro da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña. En 1923 volveu a Madrid.
ObraEditar
A súa obra móvese entre o eclecticismo e o modernismo.[1] Durante a súa estadía na Coruña realizou o novo edificio da Terraza, a escalinata do Obelisco dos Cantóns e a reforma da fábrica de tabacos (1910).[2]
Foi o autor tamén do lavadoiro público do Parrote (1895-1896), xa desaparecido, e colaborou co enxeñeiro Diego Fernández Herce nas obras da dársena e o varadoiro do Parrote. O seu proxecto para o mercado de Santo Agostiño (1910-1911) non foi construído.[3]
NotasEditar
- ↑ A arquitectura modernista
- ↑ "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
- ↑ Fernández Fernández, José. Breve noticia histórica de los mercados coruñeses en hierro.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (en castelán). Recortables de La Coruña.
- Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 138.