Polvoreira

instalación militar para o almacenamento de armas e munición

Unha polvoreira é un edificio de uso militar onde se almacena a pólvora e as municións ou explosivos feitos a base de pólvora. Habitualmente tamén se produce esta. Dado que dentro destes almacéns gárdanse materiais explosivos, a historia das polvoreiras está chea de numerosos accidentes, entre os cales pódense destacar os seguintes:

  • A explosión da polvoreira de Delft, nos Países Baixos (daquelas as Provincias Unidas), que causou a morte de máis dun centenar de habitantes e destruíu parte da cidade. Tivo lugar o 12 de outubro de 1654.[1]
  • A explosión da polvoreira de Grenelle (hoxe barrio de París), o 31 de agosto de 1794. Houbo máis dun milleiro de vítimas, entre persoal do almacén e a poboación veciña, e todos os arredores resultaron afectados.[2]
  • A explosión da polvoreira de Santo Ferran, en Palma, o 25 de novembro de 1895, considerado o accidente laboral máis lutuoso das illas Baleares. Causou a morte de 97 empregados, a maior parte deles mulleres e nenos.[3]
  • A explosión da polvoreira no barrio de Calidonia en Panamá, o 5 de maio de 1914. Provocou a morte de bombeiros, policías e civís.
  • A explosión da polvoreira das Dezaoito Pontes, en Lille, ao norte de Francia, o 11 de xaneiro de 1916. Provocou 104 mortos e 400 feridos, e especúlase que fose obra dunha sabotaxe contra o exército alemán ocupante durante a primeira guerra mundial.[4]
  • A explosión da polvoreira da Armada, en Cádiz, o 18 de agosto de 1947 que causou a morte de máis de 250 habitantes e provocou graves danos na cidade.
  • As explosións de Río Tercero de 1995, na provincia de Córdoba (Arxentina), caso criminal ocorrido o 3 de novembro de 1995 que causou a morte de 7 persoas e deixou polo menos 300 feridos de distinta gravidade.
A polvoreira de Montjuïc, en Barcelona.

Notas editar

  1. Ale, Ben (2009). Risk: an Introduction: The Concepts of Risk, Danger and Chance (en inglés). Routledge. p. 104. ISBN 1134008376. 
  2. Miller, Mary Ashburn (2011). A Natural History of Revolution: Violence and Nature in the French Revolutionary Imagination, 1789-1794 (en inglés). Cornell University Press. p. 100. ISBN 0801461324. 
  3. dbalears, ed. (25/11/2011). "Les Balears compten amb l'índex de sinistralitat laboral més alt de l'Estat". Arquivado dende o orixinal o 14/08/2020. Consultado o 1/10/2014. 
  4. Marchand, Philippe (2003). Histoire de Lille (en francés). vol.5. Editions Jean-paul Gisserot. p. 101. ISBN 2877476456. 

Véxase tamén editar