Calidonia, Panamá

Calidonia é un correxemento do distrito de Panamá, situado no centro urbano da Cidade de Panamá. Foi fundado o 29 de abril de 1915, data na que a cidade foi dividida en catro sectores. O seu extremo oriental forma parte da liña costeira da baía de Panamá. Limita cos correxementos de Curundú, Bella Vista e Santa Ana; ao oeste, norte e sur, respectivamente.

Modelo:Xeografía políticaCalidonia, Panamá

Localización
Mapa
 9°00′N 79°30′O / 9, -79.5
EstadoPanamá
ProvinciasProvincia de Panamá Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

Entre 1698 e 1699, William Patterson dirixiu unha colonia escocesa que se asentou na actual Calidonia. Este bautizou a lugar como Baía de Caledonia, en honra ao nome latino de Escocia. O español Francisco Silvestre, nos seus escritos escribe o nome da área onde se asentaron os escoceses como "Calidonia" e non "Caledonia", sendo esta unha latinización do nome.[1][2]

Historia

editar

Os primeiros habitantes establecéronse nas sabanas do actual barrio de San Miguel, onde había máis de 40 bohíos habitados por mestizos e negros.[2]

Durante a unión a Colombia, rexistráronse numerosos choques entre liberais e conservadores, na batalla da Ponte de Calidonia. A Ponte de Calidonia foi o que hoxe é o Museo Afroantillano e o Museo Antropolóxico Reina Torres de Araúz.

Xeografía

editar

Localización

editar
Noroeste: Curundú Norte: Bella Vista Nordeste: Bella Vista
Oeste: Curundú   Leste: océano Pacífico
Suroeste: Ancón Sur: Santa Ana Sueste: océano Pacífico

Barrios

editar

Na actualidade, o correxemento está conformado por cinco barrios: Calidonia, Marañón, San Miguel, La Exposición e Perejil.

Educación

editar

No correxemento están situadas numerosas escolas primarias, secundarias e técnicas, tanto oficiais como privadas. Entre elas poden mencionarse a Escola Pedro J. Sosa, Federativa do Brasil, República de Chile, República de Venezuela, Escola Don Bosco, Instituto Comercial Bolívar, entre outras.

  1. "¿Caledonia o Calidonia?". Consultado o 5 de novembro de 2005. 
  2. 2,0 2,1 "Calidonia se queda en el olvido". Consultado o 22 de xullo de 2007. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar