Cuartel da Mestranza da Coruña

construción militar na Coruña

O cuartel da Mestranza[1] é un antigo cuartel situado a carón da Cidade Vella da Coruña, nos Xardíns da Mestranza. É a sede da reitoría da Universidade da Coruña.[2]

Cuartel da Mestranza
Edificio
LocalizaciónRúa da Mestranza 9
15001, A Coruña
Coordenadas43°22′15″N 8°23′24″O / 43.370833333333, -8.39Coordenadas: 43°22′15″N 8°23′24″O / 43.370833333333, -8.39
Uso(s)reitoría da UDC
Construción
Inicio1752
Remate1754
Remodelación1774, 1994
Equipo
Arquitecto(s)Francisco Llobet, Baltasar Ricaud
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Antes do século XVIII o exército ocupaba vivendas da Coruña cando precisaban facer traballos na cidade. O capitán xeneral Diego das Mariñas comprara por iso unhas casas na praza principal da cidade en 1594.[3]

En 1751, dado o estado ruinoso dos edificios, decidiuse construír un novo na área situada xunto os conventos de Santa Bárbara e San Francisco. O proxecto foi do enxeñeiro Francisco Llobet.[3] As obras remataron en 1754 a pesar das queixas dos franciscanos que dicían que eran os propietarios dos terreos e das bárbaras que dicían que o edificio quitaba o sol das súas celas e estragaba a ventilación.[3]

O edificio quedou axiña pequeno e entre 1763 e 1771 foi ampliado segundo o deseño de Baltasar Ricaud.[3] En 1774 estableceuse o Almacén de Pertrechos de Artillaría para a mestranza, é dicir, a elaboración e reparación de pezas de artillaría.[1] Este cuartel deu nome á rúa.[4] Durante os séculos seguintes o cuartel sufriu diferentes modificacións.[3]

Na década de 1980, coa reestruturación dos terreos militares da cidade, o cuartel quedou sen uso. En 1994 reformouse o edificio para acoller a reitoría[4] e o paraninfo Universidade da Coruña.[3] Na contorna do antigo cuartel dispúñanse as baterías de artillaría para a defensa da ría do Burgo, espazo que agora ocupan os Xardíns da Mestranza.

Descrición editar

O edificio ten forma de hexágono irregular cun patio porticado cun exterior de estilo neoclásico. Da zona moderna destacan o paraninfo e a cafetaría, cunha gran cristaleira con vistas ao mar.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mestranza.
  2. Reitoría
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Alfeirán, Xosé (27/10/2013). "La antigua Maestranza de Artillería". La Voz de Galicia (en castelán). 
  4. 4,0 4,1 Gutiérrez, José Manuel (01/02/2010). "Maestranza: de taller de artillería a rectorado". La Opinión A Coruña (en castelán). 
  5. Bao, Noela (11/09/2018). "Calle Maestranza: pasado militar y presente universitario". Pateando A Coruña (en castelán). 

Véxase tamén editar