Monumento a Curros Enríquez

monumento na Coruña


O Monumento a Curros Enríquez é unha obra realizada polo escultor galego Francisco Asorey e situada nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Foi inaugurada en 1934[1] como homenaxe a Manuel Curros Enríquez, que falecera en 1908.

Monumento a Curros Enríquez
Monumento a Curros Enríquez
Presentación
LocalizaciónA Coruña
DirecciónXardíns de Méndez Núñez
TipoEscultura
Construción
Data da construción1934
Equipo
EscultorFrancisco Asorey

Descrición

editar

O monumento está formado por grandes bloques de pedra semellantes a dolmens ou aras celtas.[2] A base está rodeada de auga e entre as gretas sitúanse plantas autoctónas galegas xunto con representacións de monstros.[1]

No centro, hai unha figura de Curros Enríquez de 3,30 m de altura, cunha lira nas mans.[3] A cada lado da escultura hai senllas representacións da vida no campo galego, dun lado figuras que representan os labregos, xunto cun boi, e doutro unhas mulleres que representan a agricultura, xunto cun cabalo.[1] Na parte superior, unha muller espida cos brazos ergueitos representa a apoteose de Galicia.[1]

Na parte traseira hai unha furna que se preparou para incluír unha imaxe da Virxe do Cristal que non se chegou a colocar.[1] Tamén se pensou en levar os restos do escritor desde o cemiterio de Santo Amaro, mais o concello no concedeu o permiso.[3]

Historia

editar

Pouco despois do falecemento de Curros Enríquez xa se pensou na construción dun monumento na cidade da Coruña, pois o mesmo 1908 se creou unha comisión presidida polo alcalde Antonio Lens coa participación da Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes para recadar fondos. Porén, ao non conseguir o obxectivo, a idea foi desbotada.[1]

Finalmente, en 1921, a Real Academia Galega establece que os cartos recadados se dediquen a un monumento que se colocaría na praza de Ourense e ábrese un concurso para artistas de toda España. En abril de 1922 o concello da Coruña indica que o monumento será de granito e se colocará nos Xardíns de Méndez Núñez. Chegouse a poñer a primeira pedra o 22 de xullo de 1923, mais o pasamento do presidente da Academia, Andrés Martínez Salazar, volve parar a obra.[1]

O 7 de marzo de 1927, a xunta de goberno da Academia, presidida por Eladio Rodríguez González convocou un concurso para o deseño do monumento que quedou deserto. Nun segundo concurso, que tivo como xurado o Marqués de Figueroa, Sotomayor, Palacios, Lloréns e Rodríguez González, concedéuselle o primeiro premio a Asorey.[1]

Despois de varios problemas máis co orzamento e novas recadacións, o monumento foi inaugurado en 1934 polo presidente da república Niceto Alcalá-Zamora en 1934,[1] acompañado polo alcalde Suárez Ferrín e o presidente da Academia Lugrís Freire.[4]

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Monumento a Curros Enríquez
  2. Rivera Vázquez, Iria-Friné (29/09/2017). "O Ara Gael de Camilo Díaz Baliño… Cando o mundo celta se fixo arte". Historia de Galicia. Consultado o 14/11/2021. 
  3. 3,0 3,1 La tumba vacía de Curros Enríquez (en castelán)
  4. "Asorey e o monumento a Curros Enríquez na Coruña". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar